FESTA DOS FACHÓS 2027
El invierno se prepara entre espigas en O Castro de Caldelas
NOVA ESCULTURA
O intelectual ourensán Vicente Risco (1884-1963), escritor, político e etnógrafo, membro da Xeración Nós e un dos principais ideólogos do nacionalismo galego, quedará este venres inmortalizado aos pés do castelo de Castro Caldelas, ao carón da súa casa na vila, convertida agora en pousada, grazas a unha obra do escultor Acisclo Novo.
Con esta peza escultórica, feita en bronce e a tamaño natural, Castro Caldelas reivindica a Vicente Risco, ao que xa lle rende homenaxe cunha rúa, uns premios anuais e máis unha área de descanso que levan o seu nome, unha localidade na que pasou largas tempadas tras chegar o seu avó para cobrar impostos para a Casa de Alba.
O acto de inauguración da obra será este venres, ás 12,00 horas, e ademais da alcaldesa, Sara Inés Vega, e do seu autor, contará coa presenza do secretario xeral da Lingua, Valentín García, así como do catedrático Alfonso Monxardín.
A alcaldesa afirmna que Castro Caldelas sempre considerou a Risco “fillo da vila”, e a súa obra “ten pegada de aquí, pasaba moi tempo e tiña a súa casa e os seus amigos e tertulias, para a veciñanza era un veciño máis”. Por todo iso, a mandataria ve lóxico que a “única” figura “completa” do galeguista, “dos pés á cabeza, vaia estar aquí”.
Como parte dos preparativos antes de ser desvelada, o xoves a estatua lucía aínda cuberta pola “súa bandeira, a galega”, e en sinal de respecto, xa que Risco “era moi friorento”, engade a alcaldesa. A obra está financiada pola Xunta, e o Concello costeou o monolito e a instalación.
O escultor Acisclo Novo detalla que a súa obra representa a Risco nunha postura típica del, “encorvado, xa que sofría de artrite”, e inclúe outros detalles que se desvelarán este venres.
O seu obxectivo foi amosar a súa combinación de “potencia intelectual e fraxilidade física”. Ademais, cre que existe certo “esquecemento” iconográfico de Risco como representante da cultura galega, a quen define como “motor enerxético” da Xeración Nós, un “irmán maior” de tódolos seus compoñentes.
Por outra banda, o creador da escultura salienta de Risco o seu carácter “polifacético e indefinible”, así como o seu talante, de aí que a maioría dos veciños que tiveron relación con el e os seus fillos, “manteñen viva hoxe a súa memoria”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DOS FACHÓS 2027
El invierno se prepara entre espigas en O Castro de Caldelas
DECLARACIÓN COMO BIC
Pinturas murais de Vicente Risco de Castro Caldelas, no foco de Patrimonio
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado