Gerardo Amaro, xubilado: “A min se me quitan esto, morro de pena. Cada ano conto os días para poder volver a Caldelas”

Afincado en Barcelona, Gerardo Amaro Fernández e María Luisa Gómez Rodicio veranean desde sempre na aldela de Soutelo, O Couto, en O Castro de Caldelas, sin faltar un solo ano. Para el e a súa familia cada retorno a Ribeira Sacra é voltar a casa. Ademais Gerardo non perde o seu amor pola terra e así o demostra na colección de miniaturas de madeira de apeiros de labranza que se pode visitar no castelo caldelao. Entre as súas pasións tamén están as armónicas, conta con arredor de 30 e non deixa de tocar nos veráns caldelaos.

Gerardo e a súa muller en Soutelo.
Gerardo e a súa muller en Soutelo.

Pregunta. Cantos anos fai que marchou de seu pobo?

Respuesta. Teño 73 anos e saín con 18 para Suiza e despois para Alemania, xa levo 50 en Barcelona, pero se non veño cada ano para aquí dame un patatús. Se me quitan esto morro de pena. Aínda que vou moito a Ibiza, que teño alí a filla, non son capaz de non vir aquí.

P. Qué significa para vostede retornar cada verán ao lugar no que naceu?

R. Para min volver a miña terra é como volver ao ceo. Cada ano estou contando os días para que chegue o mes de maio, xa que agora ao estar xubilado podo permitirme o luxo de estar aquí catro ou cinco mesiños e botar máis tempo. A sensación é que ao vir para aquí o coche corre moito, pero ao marchar de novo para a cidade parece que me van tirando para atrás. Non teño ganas de volver.

P. Cómo sinten os seus fillos a terra de seus pais? Gústalles vir?

R. Encántalles vir, sobre todo a meu fillo. E agora xa tamén a ameus netos. Estamos todos contando os días para poder vir, ademais cando veñen falan galego, coma nós, así que para toda a familia esto é estar na casa.

P. Que o fai voltar cada verán a súa cita coa Ribeira Sacra? Actúa a morriña?

R. Volvo polo recordo aos meus seres queridos. Penso que tamén llo debemos por todo o que fixeron por nós. Claro que a morriña sempre está presente.

P. Seguirá mantendo amizades da infancia, cómo son eses reencontros cada ano?

R. Os encontros cos amigos da infancia son marabillosos, pero desde que levo casado preto da Abeleda a maioría dos amigos teñoos aquí e son como familia.

P. O mellor e o peor…

R. O peor sen dúbida é a distancia, mil kilometros pesan, e o mellor é o sentimento que esto me da.

Contenido patrocinado

stats