Celanova acolleu aos colexios Curros Enríquez
XORNADA DE CONVIVENCIA
Participaron uns cen escolares de centros Curros Enríquez de Primaria de A Coruña e a propia Celanova
Celanova acolleu este mércores, 13 de maio, unha nova xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez coa colaboración do Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal.
Participaron uns cen escolares de 5º e 6º de Primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña e Celanova.
A xornada comezou arredor das 12,00 horas coa chegada do alumnado. Tras unha merenda na Praza Maior, foron recibidos polo presidente da Fundación e alcalde de Celanova, Antonio Puga.
Actividade matinal
Ás 12,30 horas realizaron unha actividade en colaboración co comercio local da rúa Emilia Pardo Bazán consistente na decoración dos escaparates con flores, maios e versos do poema “O maio” de Manuel Curros Enríquez; confeccionando así o xardín “O maio dos Curros” que permanecerá ata finais de maio.
Casa de Curros
Xa pola tarde, ás 15,00 horas, realizaron os alumnos da Coruña unha visita á casa familiar do poeta Manuel Curros, un paseo ata Vilanova dos Infantes que incluíu unha visita guiada á torre da homenaxe e á Cova de San Vivián, onde está o centro etnográfico dos zapateiros. A xornada rematou en Castromao, no xacemento arqueolóxico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 6 AO 10 DE XULLO
Celanova convértese no epicentro do audiovisual
"A DECISIÓN MÁIS DOLOROSA"
El XII Festival Hércules Brass Celanova se cancela por falta de presupuesto
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Se pueden evitar los incendios?
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Estou aquí
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 2 de julio
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 2 de julio