MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
FESTAS DA ENCARNACIÓN
Celanova conta xa as horas para vivir unha das celebracións máis emblemáticas do seu calendario. As Festas da Encarnación regresan este sábado 1 e domingo 2 de agosto cun programa que combina os actos máis tradicionais con varias novidades para reforzar a implicación da veciñanza e recuperar a esencia da Ramallosa, a multitudinaria procesión nocturna que cada ano enche de música e farois as rúas da vila.
Un deses cambios será o reforzo da animación musical arredor da Ramallosa. Haberá máis charangas antes, durante e despois da procesión, que sairá ás 23.00 horas do sábado dende a Praza Maior. “Queremos fomentar a tradición, volver a como era antes a Ramallosa”, explicou a concelleira de Festexos, Yennys Montero. Ademais, a entrega dos premios do concurso trasládase ao domingo pola tarde para incrementar a participación.
A edición deste ano supón a estrea da Asociación Cultural Ramallosa Celanova como colaboradora da organización e impulsora de diversas iniciativas para recuperar elementos tradicionais da festa.
O sábado arrancará cun pasarrúas da Banda de Gaitas do Concello ás 10.30 horas, a actuación de Lembranza Solpor na Praza do Millo ao mediodía e a animación das charangas BCB e Bandiños Band dende as 20.30 horas. Trala procesión da Ramallosa, a música continuará coas charangas Os Roquiños, Gárgolas, Zapateiros do Son e Street Band a partir da 1.30 horas.
O domingo, festividade da Virxe da Encarnación, os actos continuarán coa procesión e misa ás 12.00 horas, acompañadas polas tradicionais alfombras florais. O alcalde, Antonio Puga, pediu á veciñanza “colaboración” para manter a vila “limpa”.
Trala entrega dos premios, ás 19.30 horas na Alameda, a Banda de Música Municipal ofrecerá un concerto no Claustro Barroco ás 20.00 horas, mentres que o trío 3.COM porá o peche ás festas cunha verbena na Alameda dende as 21.30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
ROMERÍA POPULAR
Los fieles llenaron Rabal, en Celanova, con su devoción mariana
Lo último
TERCERA CAMPAÑA
Este Córgomo mete miedo
RIESGO DE DESBORDAMIENTO
Arrancan meses después los trabajos para blindar A Bouza
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El autogiro de Juan de la Cierva
"FUE UNA LOCURA"
El turismo en A Veiga, al alza con el eclipse y la bandera azul