SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
TRADICIÓN E GASTRONOMÍA
Os amantes das potaxes teñen unha cita este fin de semana en Celanova, que acolle a X Festa da Faba no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador. A festa, parada obrigada no calendario gastronómico da provincia, comezou onte nunha xornada marcada polo bo tempo e unha gran afluencia.
Centos de visitantes e veciños pasearon durante a mañá polas rúas celanovesas, aproveitando para achegarse á Praza Maior e entrar no claustro, que acubillou unha ducia de postos de artesanía e antigüidades. Carmen e Juan, un matrimonio de turistas, confesaron que: “Pensamos que era un acto religioso al ver a la gente entrar al monasterio. Cuando les seguimos nos llevamos una sorpresa. Ahora probaremos las fabas!”.
Os comensais, que poideron elixir entre comer dentro ou no patio ao sol, coincidiron en que as fabas “estaban moi boas”. Non só os veciños como Marisa Seara e a súa familia, que viñeron dende San Cibrao das Viñas por primeira vez “pero quedamos con moitas ganas de repetir, non será o último, seguro”; senón tamén os chegados dende outros puntos de Galicia, como Kevin Dafortuna, chegado dende Vigo, que dixo que “mereceu a pena a viaxe”.
Silvia Ron, chegada dende Xixón, Asturias, deu a opinión experta: “Muy buenas. Es complicado superar a las de Asturias, que son las mejores, pero se acercan mucho”. Máis de 300 racións foron as que repartiron durante a xornada, “sen contar as que levaron para a casa”, aclarou o organizador, Julio Gosende.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
TEATRO Y LITERATURA
Celanova invitó a vivir el Camiño de San Rosendo
Lo último
UN CAFÉ SOLO
¿Y si tocamos?
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)