CONTROLADO DE MADRUGADA
Un incendio forestal pone en alerta a Chandrexa de Queixa y arrasa 15 hectáreas
XANTAR MULTITUDINARIO
Centos de veciños e de visitantes achegáronse ata Chandrexa de Queixa, en Terra de Trives, co fin de desfrutar o delicioso cordeiro ao espeto, grazas ás degustación gratuítas que se ofreceron dende o mediodía.
A sesión vermú, amenizada polo dúo Ángel América, deu paso a un xantar popular con preto dun milleiro de comensais, no que non faltou o cordeiro ao forno, acompañado por empanada de iscos, pementos e bica local de postre.
Xa pola tarde, Chandrexa continuou a festa con máis música e unha gran pancetada, anticipo dunha verbena da man da orquestra Tango e da discomóbil Stuu.
A Festa do Cordeiro atraeu a numerosos cargos institucionais, entre eles o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.
Tamén asistiu o deputado provincial de Dinamización do Medio Rural e alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, así como a alcaldesa de Viana do Bolo, Melisa Macía, o de Manzaneda, Amable Fernández, o de Parada de Sil, Aquilino Domínguez e o de Montederramo, Óscar Diéguez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONTROLADO DE MADRUGADA
Un incendio forestal pone en alerta a Chandrexa de Queixa y arrasa 15 hectáreas
UN AÑO DEL INCENDIO
Verónica: volver a empezar para volver a pastorear en Chandrexa de Queixa
30 ANOS DE TRABALLO
O arrecendo do pan que xa non sairá do forno da panadería Chandrexa
Lo último
TENSIÓN EN ORIENTE PRÓXIMO
Irán plantea reabrir el estrecho de Ormuz en siete días si EEUU acepta sus condiciones