"Á CAZA DO LIXO"
Galería | Os cazadores de Caldelas dispararon contra o lixo
"Á CAZA DO LIXO"
Mentres para moitos a fin de semana é sinónimo de descanso, unha vintena de socios do Tecor Terra de Caldelas cambiaron a comodidade da casa por luvas, sacos e remolques. O obxectivo estaba claro: retirar do monte todo aquilo que nunca debería estar alí.
A sexta edición da xornada “Á caza do lixo” volveu converter os montes das terras caldelás nun escenario de traballo colectivo e compromiso ambiental. Ao longo da mañá, os participantes percorreron diferentes puntos do tecor para retirar os vertidos que algúns seguen abandonando nun espazo natural que abrangue máis de 22.000 hectáreas.
O balance da xornada deixa unha imaxe tan positiva polo esforzo realizado como preocupante polo que aínda aparece no monte. En total, os voluntarios encheron oito remolques con residuos de todo tipo. Entre os obxectos recollidos había desde un inodoro ata unha lavadora, colchóns, rodas de tractor, restos de obras, caixas baleiras de bebidas, roupa, mobles de madeira e unha gran cantidade de plásticos. Os participantes, sen deixar de traballar arreo en toda a xornada, tamén tiveron tempo para algunha instantánea divertida cos “trastos” recollidos no medio do monte, que serven ademais para concienciar a poboación.
Lonxe de tratarse dunha actuación puntual, esta limpeza é xa unha tradición para os cazadores de Terra de Caldelas. A iniciativa naceu hai anos da preocupación compartida por ver como determinadas zonas do monte se convertían en vertedoiros improvisados. Desde entón, cada tempada de caza serve tamén para localizar novos focos de lixo.
De feito, os propios socios aproveitan as súas saídas habituais para sinalar nun mapa os vertidos que atopan. Fano a través do grupo de WhatsApp que comparten, onde van marcando os puntos que precisan unha actuación posterior. Grazas a este sistema, cando chega a xornada de limpeza xa existe unha folla de ruta que permite actuar de forma máis rápida e eficaz nun territorio tan extenso.
A edición deste ano rematou coa satisfacción do traballo cumprido, pero tamén coa vista posta no futuro. Os participantes xa comezaron a identificar novos puntos para a próxima campaña, conscientes de que a mellor forma de coidar o monte é manter unha vixilancia constante.
Máis alá dos oito remolques de residuos retirados, a iniciativa deixa unha mensaxe clara: os cazadores non só percorren estes montes durante a tempada, tamén se implican activamente na súa conservación. Porque defender o territorio pasa, en moitas ocasións, por facer desaparecer aquilo que nunca debería formar parte da paisaxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"Á CAZA DO LIXO"
Galería | Os cazadores de Caldelas dispararon contra o lixo
ENTRE OS CASARES Y VILAMAIOR
Una colisión entre dos coches deja un herido en Castro Caldelas
Lo último
TEMPORADA 2026-2027
Nueva hoja de ruta dentro del fútbol de base en el Ourense CF
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Tristes
"UNA NECESIDAD ESTRATÉGICA"
Ourense avanza en el futuro centro de seguridad digital