Celanova reivindica la figura del escritor y militar Mauro Castellá
RECONOCIMIENTO
O eixo da campaña é a compra dun exemplar da obra "Historia del apóstol Jesús Cristo Santiago Zebedeo, patrón y capitán general de las Españas"
A Fundación Curros Enríquez, de Celanova, puxo en marcha unha campaña para recuperar a figura do escritor e militar Mauro Castellá Ferrer. O eixo da campaña é a compra dun exemplar da obra "Historia del apóstol Jesús Cristo Santiago Zebedeo, patrón y capitán general de las Españas", publicado por Castellá no ano 1610. O libro, que foi localizado nunha páxina web de coleccionistas, é un dos poucos exemplares que se conservan e ten un prezo de 900 euros.
Para mercalo, a Fundación, coa colaboración do Concello de Celanova, deseñou unha campaña que inclúe a distribución de carteis pola vila e a instalación dunha urna na Praza Maior, para que os veciños e calquier outra persoa poida deixar a súa doazón.
A urna só se colocará la Praza os xoves, e o resto dos días permanecerá nunha sala preto da entrada do Concello, ata que se consigan os 900 euros. "É unha forma de dar a coñecer a figura de Mauro Castellá e ó mesmo tempo, implicar á xente na actividade da Fundación", sinala o membro desta institución cultural Antonio Piñeiro. A súa instalación na xornada de onte suscitou unha grande expectación e foron moitos os que xa deixaron a súa aportación.
Mauro Castellá Ferrer naceu en Celanova en 1567 e o libro que se pretende mercar foi publicado en 1610. O seu contido avala a relación que sempre mantivo Celanova co culto ó apóstolo e tamén inclúe una descripción visual do antigo edificio do mosteiro de Celanova, así como unha biografía do patrón da vila, San Rosendo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
COMBATE CONTRA LOS INCENDIOS
Cuarenta bomberos búlgaros se formarán en Toén para luchar contra los fuegos
Angel Garcia Crespo
Por qué la IA no sirve de nada si no despiertas
Lalo Pavón
O AFIADOR
Na traxedia tamén hai clases
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 28 de junio