Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O infinito, o depende e o carallo
PINGAS DE ORBALLO
Miro cara ó infinito, e non vexo nada. Miro máis alá do infinito, e vexo menos. Debe ser que os ollos teñen as súas limitacións ou que a realidade, ás veces, se empeña en agocharse detrás do que temos diante. O esencial, se cadra, non é mirar, senón ver. Porque mirar miramos todos, pero ver xa é outra cousa. Iso si, para ver primeiro hai que mirar, aínda que non sempre abondan os ollos: tamén cómpre poñer algo da cabeza e, sobre todo, non deixar que o pensamento nos estorbe demasiado.
Hoxe toca, unha vez máis, a filosofía barata. Esa que non precisa grandes bibliotecas nin tratados de moitos volumes, porque se constrúe con catro palabras ben colocadas, unha dose de imaxinación e outra de descaro. É aquela na que se lanzan pensamentos ó aire, se adornan opinións, se versifican os sentimentos e se esaxeran as ideas para acabar sen dicir absolutamente nada. Ou, o que é peor, dicindo moito sen que ninguén entenda nada. Ás veces, unha simple palabra pode encerrar todo un tratado filosófico. Por exemplo, o carallo.
O carallo, ademais de ser o patrón espiritual de Galicia, vale para un roto e para un descosido, para unha subida e unha baixada, para o que vai ben e para o que non ten xeito ningún. E por moito que se diga que o galego nunca sabe se sobe ou se baixa, iso non é verdade. Sabe, sabe, o que pasa é que monea os ombreiros e solta un depende, que é unha maneira moi elegante de non dar explicacións. O galego coñece ben a natureza humana e sabe que a xente adoita preguntar máis polo interese que pola curiosidade.
E así seguimos, mirando cara ó infinito sen ver gran cousa, filosofando sen saber moi ben de que falamos. Filosofar sen saber tampouco é tarefa doada, pois algo sempre se sabe. Eu, polo de agora, quedo co depende. E, se a cousa se complica, co carallo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O infinito, o depende e o carallo
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Decidiremos nós
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
No todos son iguales
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
9,5 años de resaca
Lo último
PRESIÓN ARTERIAL
La sal de potasio evitaría tres millones de muertes al año
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 11 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 11 de noviembre