Celanova reivindica o uso do galego na Xustiza
Un total de 38 concellos da provincia de Ourense confirmaron a súa adhesión á bautizada como "Declaración de Celanova", que,este xoves, a partir das 12,00 horas, asinarase na vila de San Rosendo para promover o uso do galego na administración de Xustiza. A Irmandade Xurídica Galega é a organizadora dun acto que se enmarca na conmemoración do 25 aniversario do primeiro expediente xudicial desenvolto integramente en galego, e que foi impulsado polo Xulgado celanovés, sendo xuíz o actual alcalde, Antonio Puga, e con Anselmo Menéndez como secretario.
A celebración comezará ao mediodía co descubrimento dunha placa conmemorativa no interior do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción "que deixará constancia do feito, e na que figurara o xuíz que a ditou e o secretario do Xulgado que participou na instrución do caso xulgado", explicaba Xosé González. Acto seguido, xuristas e rexedores trasladaranse ao Claustro Barroco do Mosteiro de San Rosendo. "Alí darase a coñecer a Declaración de Celanova, procedéndose a asinala por parte dos alcaldes e alcaldesas presentes", matizaba González, quen confirmou a participación musical de María do Ceo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
Lo último
CARTAS AL DIRECTOR
El ocupa de Moncloa
CIERRE DE TEMPORADA
Despedida a lo grande para el Ontime (1-2)
CAMPIONATO DE PESCA
Bande fixo gala da súa hospitalidade na Festa do Peixe
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por cuidar