MÚSICA Y BAILE
Las Xornadas de Folclore llenan de ritmo la provincia
ENTREVISTA
Alumnos do colexio plurilingüe Sacro Corazón, na primavera será a quenda para o Curros Enríquez, participaron esta semana nas primeiras sesións do programa mindfulness subvencionado pola área de Igualdade do Concello de Celanova. Quique Moreiras, docente encargado de impartir as sesións, comenta os beneficios desta técnica de meditación.
Como xurdiu a idea de levar o mindfulness aos colexios?
A educación é a arma máis poderosa que temos para cambiar, primeiro as persoas, e logo á realidade. A idea xurdiu porque o programa de mindfulness traballa moito a nivel socioemocional e atencional. O obxectivo, á vista do éxito e resultados dos programas cos adultos, é que os nenos comecen a ter unhas prácticas que lles permitan aprender a centrar a súa atención, a autoregulación a nivel de xestionar o estrés e as relacións automáticas, especialmente as de agresividade. Tamén se traballa é a amabilidade, tratarse a un mesmo e aos demais con máis coidado e respecto.
As frases
"A resposta dos centros a esta proposta foi excepcional”.
“A educación é a arma máis poderosa que temos para cambiar, primeiro ás persoas, e logo á realidade.
“Outro punto que se traballa é a amabilidade”.
Como se consigue?
Mediante o xogo e a respiración. Moitas prácticas de atención se realizan a través de dinámicas de xogos, tamén se traballa moito a postura corporal, a respiración consciente e tamén outras prácticas como o comer consciente, sabendo o que comes, degustando e masticando correctamente; o camiñar consciente; a comunicación consciente. Aprender a que cando alguén está falando, eu só escoito, e, cando falo eu, son consciente da miña postura, de como me expreso…
Cal foi a resposta dos centros ante esta proposta?
Excepcional. No Curros Enríquez, que darei as sesións na primavera, estou agora mesmo impartindo un programa aos profesores. A idea é que o programa que impartimos, de oito semanas, se poida perpetrar no tempo con pequenas prácticas de 5/10 minutos diarios. Si hai profesores formados, será máis doado manter esa práctica no espazo e no tempo.
Porque é importante traballar estes aspectos?
Hoxe os nenos están hiper-estimulados, e preciso darlles ferramentas. Non teño ningunha dúbida de que o mindfulness, o calquera outro programa similar de xestión emocional, tería que estar no currículum escolar. De feito en Andalucía, algúns docentes conseguiron incrementar o mindfulness no currículo como unha optativa en Bachillerato. En Galicia, é a primeira vez que se imparte o programa “Crecer respirando” nos coles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles