CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
A asociación Lembranza Solpor, que atesoura os 44 anos de historia dunha das agrupacións máis queridas de Celanova, prepara o novo curso co reto de seguir crecendo musical e culturalmente. Tras o ‘impasse’ que supuxo a pandemia, da que saíron reforzados cunha renovación na dirección e na docencia, a agrupación aspira neste novo curso a superar a barreira dos cen alumnos, duplicando aqueles que retomaron as clases na primavera de 2022. “En setembro abrimos inscricións, e esperamos ter un pouquiño máis de xente que o ano pasado, que foron 80 entre música e baile”, comenta a presidenta da asociación, María Fernández Iglesias, moi contenta coa evolución da agrupación, así como o agarimo e o apoio veciñal e institucional.
A Casa da Música é o espazo no que imparten clases de música e baile galego, para as cales abrirán inscricións a partir de setembro, ademais dos ensaios da agrupación. “Non nos podemos queixar pero, evidentemente, todo o que veña, benvido sexa. Hai necesidades de instrumentos e de roupa. Pero para iso estase traballando”, recoñecen na escola que, para o próximo curso, trasladará as súas clases aos venres e sábados.
Aos poucos, e con moito traballo detrás, “vanse cumprindo aqueles proxectos que nos marcamos ao principio”, recoñece Fernández Iglesias, relatando a recente viaxe que realizaron a Festival Intercélticu de Avilés -emulando aquelas xiras que Solpor protagonizou a finais do século pasado-; o seu exitoso debut no Campionato de bandas de gaitas de Xinzo; e contando os días para o “I Festival Lembranza Ibérica” que, do 24 ao 26 de agosto, organizarán na vila de San Rosendo. “A idea é un pouco promocionar o traballo que se está facendo dentro da Asociación Lembranza Solpor, que se visibilice o tema folclórico, Solpor, a historia que ten…”, comentan dende a directiva, ilusionados de recuperar o brillo que tiña Solpor en Celanova, “darlle ese pulo de abanderados da nosa vila onde se vaia”, insisten dende a gran familia que é Lembranza Solpor. “Temos a sorte que hai un montón de xente que pensa o mesmo e temos que tratar de remar todos á unha”, salientaba María Fernández quen, sobre o festival, dixo que “é o primeiro, pero se ten éxito, oxalá que sexa por moitos anos”.
A programación, de xoves a sábado, a abrirán o primeiro día os grupos locais Banda de Gaitas Concello de Celanova, Pandereteiras Celavella e Amigos do Acordeón Terras de Celanova. O venres e o sábado haberá pasarrúas, concertos (Andoa e Os Escatxapalletas), foliadas, obradoiros, xogos populares e o “I Festival Lembranza Ibérica” con participación dos grupos Mariño Tapiega (Asturias), Inquedanzas (Tui), Rebulir (Ramirás) e Lembranza Solpor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco