CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
ESPECIAL FIN DE ANO
Coa chegada da Noitevella, a parroquia de Sande, no concello de Cartelle, queimará esta noite tralas baladalas seis píos, unha construción agrícola que tradicionalmente se realizaba, unha vez recollido o millo, coa palla que quedaba nas leiras. Esta colocábase de pé, a modo de cabana, e posteriormente levábase ás cortes como alimento ou cama para os animais.
A recuperación desta tradición perdida corresponde á Asociación Cultural (A.C.) Entroido As Bonitas de Sande. Este ano, tralo corte da palla en varias fincas cedida polos veciños, erguéronse estas construcións á espera de que, coa entrada no 2025, se queimen. Unha delas indultarase para queimala no Entroido xunto co Meco e poñer fin ás celebracións de Don Carnal.
Antigamente, debido ás plantacións de millo, era habitual que a queima dos píos iluminara Sande durante a Noitevella
O abandono do rural e de terreo cultivado con millo fixo que só se puidesen erguer seis destas construcción naturais, pero tanto nenos como maiores involucráronse na actividade, cumprindo o obxectivo de dinamización da aldea.
Antigamente, coa chegada da noite de fin de ano, a modo de trasnada, os mozos tentaban queimar os píos dos outros veciños, nun xogo no que había que ser hábil para ser descuberto. Algún mesmo queimaba o seu propio por non ter que carrexar con el. Así, toda a parroquia se iluminaba na Noitevella coas luminarias producidas polos píos que ardían nas diferentes fincas, xa que daquela eran moitas as leiras nas que se plantaba millo para alimentar o gando.
Á parte da queima dos píos, a mocidade de Sande tiña por costume cambiar os carros dos veciños, incluso colgalos de árbores, ou esconderllos. Máis dun non durmía esa noite para protexelo, porque ata os burros eran cambiados de cortes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
ELECCIONES DE EXTREMADURA
Un diputado en juego a la espera del voto de la emigración