SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
51º EDICIÓN
Un 9 de setembro, hai xa 51 anos, un grupo de veciños de Castrelo de Cima, no concello de Riós, prepararon unha queimada para levantar os ánimos nesa noite das festas na honra da Virxe dos Remedios.
Sen sabelo, iniciaran unha bonita tradición que pervive ata os nosos días e que, a través da asociación veciñal “Os Queimas”, busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Porque a “Festa da Queimada” de Castrelo de Cima non é só augardente, malia servir un total de 70 litros o pasado martes, ben acompañados por bica. A súa festa ten toda unha escenografía que dá sempre inicio, invariablemente, ás 2,00 horas, coa aparición de personaxes míticas galegas: a Santa Compaña, as feiticeiras e as meigas.
A continuación é o turno da carroza, engalanada segundo a temática dese ano. Este decidiron que xirase en torno ao contrabando, debido á proximidade con Portugal. Pero noutras "Queimadas" teñen feito temas como os fiadeiros, a vendima, a emigración, as lavandeiras ou a matanza. O importante é buscar un nexo en común para que a xente se disfrace, outros dos elementos clave desta tradición.
Por último, o momento do conxuro, que neste caso substitúese por un ritual no que se recita un “credo” e máis unhas obrigas a cumprir polos socios que queiran ingresar na "Queimada".
Mentres agardan a declaración da súa festa, a veciñanza únese durante o ano a través de “Os Queimas” e fan todo tipo de actividades coas que manteñen viva… a chama do seu pobo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Quién maneja mi barca
CONTRA EL GETAFE
Este Celta no carbura y firman otro empate (1-1)
Jacinto Seara
Viven solos