José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dolmens na heráldica de Muíños: o orgullo do seu patrimonio arqueolóxico
DIARIOS DO PASADO
Dada a miña dedicación ao patrimonio cultural, de forma especial a arqueoloxía, paréceme moi grato e reconfortante o uso de símbolos que representan o patrimonio arqueolóxico polas institucións e entidades públicas. Un deles é Muíños, concello que forma parte da comarca ourensá da Baixa Limia. A heráldica municipal reproduce, entre outros elementos tan característicos da súa zona como os Picos de Fontefría, o río Limia ou seis moas de muíño na honra do topónimo que máis o identifica, tamén aparece a romana Ponte Pedriña, hoxe somerxida no encoro das Conchas. E como non, acompañando ás moas na bordura do brasón, figuran seis dolmens, seis monumentos megalíticos. Existe outro dolmen no escudo do equipo de fútbol S. D. Muíños.
Por suposto, os traballos de F. Cuevillas neste val, que publica en 1927. O mesmo ano continúa o seu labor coas “papeletas”, fichas de catalogación de mámoas galegas que, por suposto, inclúen as de val de Salas.
Non vou escribir outra vez sobre as investigacións que levei a cabo naquela comarca e, en particular, no termo de Muíños. Nin que de todos os concellos fronteirizos das dúas partes da “raia” entre Viana do Castelo e Muíños -trinta e un en total- este último é o que conta con máis megálitos, valor que se incrementa se consideramos a reducida superficie deste municipio, apenas 110 km2. E non é para menos, porque este territorio recibiu a atención de especialistas de renome. Xa en 1901 o arqueólogo portugués J. Fortes publica o primeiro estudo dos megálitos do val do Salas, observando a orientación das entradas das antas e incluíndo a mención a unha lousa dun dos monumentos decorada con pinturas. Pouco despois, en 1906, o historiador e académico B. Fernández Alonso fálanos de varios monumentos deste tipo na Limia, entre eles as construcións megalíticas en Paradela, Randín, Requiás e Maus de Salas, todos eles no val de Salas. Por suposto, os traballos de F. Cuevillas neste val, que publica en 1927. O mesmo ano continúa o seu labor coas “papeletas”, fichas de catalogación de mámoas galegas que, por suposto, inclúen as de val de Salas. Tamén Cuevillas, agora en colaboración con Xaquín Lorenzo, publica en 1930 a “Terra de Calvos” -de Randín-, dando a coñecer a necrópole “NE de Penas Altas”. Oito anos despois ve a luz a tese de doutoramento do prehistoriador alemán G. Leisner sobre o Megalitismo de Galicia e norte de Portugal. Nela aparecen referencias arquitectónicas sobre as mámoas do Salas e de Calvos de Randín. Coa construción do encoro de Salas, na década de 1970, X. Ferro Couselo reescava as mámoas 1 e 3 de Maus de Salas. Contamos ademais coa prospección interdisciplinar deste val, catalogándose algúns monumentos da Veiga de Requiás e da Moura, así como a mámoa de Porqueirós. Os traballos, organizados polo Museo Arqueolóxica de Ourense a finais da década de 1970, desafortunadamente nunca foron publicados.
Lembramos o estudo diacrónico da paisaxe agraria galega dende a etapa megalítica de A. Bouhier en 1979, mencionando tamén as mámoas do val do Salas. Anos despois os nosos traballos entre 1988 e 1994, foron os que quizais tiveron máis continuidade, con prospeccións e escavacións substanciadas en publicacións académicas e doutra índole.
Finalmente, a escavación do dolmen M1 de Veiga de Maus de Salas en 2025, dirixida por D. Pérez López, foi a escavación máis recente, dando continuidade a todas as anteriores. Que así sexa. Que non se interrompan as investigacións nestes monumentos que loce con orgullo a heráldica de Muíños, concello sempre disposto a potenciar este legado do pasado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último