Os cativos de Laza levan o Samaín á rúa
REPORTAJE
Os alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza celebraron o Samaín polas rúas e fixeron partícipes a todos os seus veciños. Un día de convivencia entre cativos e maiores
Quen marca a data do Samaín? En Laza os cativos. Tiveron que pospor a súa celebración por mor da choiva e, por fin, uns días despois, os alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza puideron desfrutar desta celebración. Unha cita que versou na convivencia entre nenos e adultos, coas rúas lazanas decoradas e os cativos presumindo de disfraces de medo.
Os alumnos do colexio rural, baixo o lema “Rebelión da Granxa polas rúas de Laza”, saíron o pasado venres á rúa para petar na porta dos establecementos comerciais e nas casas dos seus veciños para dar algún que outro susto e para encher as bolsas de chuches.
Foi unha xornada “moi divertida”, como anotaron dende o centro educativo, e na que todos os veciños participaron na iniciativa. Incluso moitos decoraron os seus establecementos e casas para facer de Laza un auténtico escenario de Samaín no que non faltara de nada. Tras unha mañá percorrendo o municipio, os cativos puideron desfrutar dos caramelos e lambetadas que recolleron, pensando xa na festa do vindeiro ano.
Ademais, dende o centro tamén traballaron durante a semana previa á celebración na “orixe e a festividade do Samaín, lendo contos, con actividades relacionadas e decorando o colexio coas nosas propias mans”, remarcan dende O Castiñeiro. “É unha maneira de desenvolver as habilidades manuais e a creatividade”, conclúen dende o colexio de Laza, satisfeitos co traballo realizado polo seu alumnado e a implicación das familias e veciños da localidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Francisco Peña
Las claves para una regeneración democrática
AGENDA CULTURAL
El noviembre vianés, del magosto popular al teatro
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
O importante é chegar
EN BUSCA DE LA PAZ
Bruselas aborda el futuro de Ucrania con Estados Unidos y la OTAN