A comarca de Monterrei refréscase coa apertura das piscinas municipais
SERVIZOS PÚBLICOS
Coa chegada do verán, os Concellos de Monterrei ofrecen as piscinas municipais como refuxios climáticos para sobrelevar as altas temperaturas
Dende este martes abrirán as súas portas, tódolos días ata o 31 de agosto, as instalacións acuáticas de Castrelo do Val (de 15,00 a 21,00 horas), Cualedro (de 15,00 a 21,00 horas), Monterrei (de 15,00 a 21,00 horas), Riós (de 12,00 a 20,00 horas) e Vilardevós (de 15,30 a 20,30 horas).
Todas contan con servizo de bar, a excepción da de Castrelo, que ofrecerá máquinas de vending para os seus usuarios.
Entre as novidades, a piscina de Riós conta con instalacións, zonas verdes e vaso renovado, mentres que nas de Vilardevós fixéronse tamén diversas renovacións no peche perimetral e nos accesos.
Oímbra e Verín
Asimesmo, permanecen abertas e a disposición da veciñanza as piscinas de Oímbra e Verín, que foron as máis madrugadoras de toda a contorna.
As piscinas descubertas verinenses abren tódolos días de 12,30 a 20,30 horas, mentres que as oimbrás teñen horario de 14,30 a 21,00 horas, e presumen de ofrecer bar e conexión wifi de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último