COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
A organización da VIII edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV xa comezou a traballar no deseño das diferentes accións que se impulsarán no marco do certame. Ademais de abrirse o prazo para a recepción de curtas, tamén se activa a busca de voluntarios.
Carlos Montero, director do festival, vén de anunciar que xa está activo o proceso para atopar voluntarios de calquera idade que queiran "introducirse de cheo nas tripas dun certame cinematográfico que se foi consolidando, ao longo do tempo, como canteira para a proxección de talento local".
Mostra diso é que dende a súa primeira edición o FIC xa contou coa participación de diferentes perfís, principalmente procedentes de Verín e comarca, pero tamén doutras zonas de España e mesmo do estranxeiro, interesados en mergullarse na experiencia de facer posible un festival destas características. "Perfís que axudaron a fortalecer e converter o festival no que é hoxe en día e moitos dos cales conforman na actualidade o cadro de persoal -remunerado- que fai posible a súa continuidade", anota Montero.
Así, dende o FIC Vía XIV animan ás persoas que queiran formar parte do festival a inscribirse cumplimentando un formulario específico que se pode atopar na web do FIC. Os participantes terán a oportunidade de aprender a realizar tarefas de comunicación e xestión de redes sociais, fotografía, protocolo, realización ou produción audiovisual do evento, entre outras accións.
"Estamos seguros de que a experiencia será enriquecedora para todos eles, pois poderán entrar en contacto con directores, produtores, guionistas, realizadores e con outros profesionais ligados ao cinema, o que os axudará a que se xere unha rede de networking que pode resultarlles moi útil", conclúe o director do Festival de Curtas verinés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilló en MasterChef?
TRADICIONES RECUPERADAS
Penitentes y faroles, hitos de la Semana Santa en la comarca de Monterrei
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 7 de abril
PRIMERA FEB
El COB pide “perdón” y “confianza” al Pazo