FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
ALEGACIÓNS
A organización ecoloxista Ecoloxistas en Acción solicitou á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación o arquivo da tramitación do permiso de investigación do proxecto “Novo Cima”, que abrangue os concellos de Verín e Vilardevós, e que pretende buscar litio.
Alén disto, apuntan a que dúas das cuadrículas mineiras solicitadas atópanse dentro do territorio nacional do veciño Portugal, o que “vulnera a soberanía e integridade territorial da República Portuguesa”.
Por esta razón, a organización ecoloxista sinala que a mera tramitación da presente solicitude, sen excluír do perímetro solicitado os territorios portugueses afectados, representa unha flagrante violación da soberanía e integridade territorial da República portuguesa, que debe motivar o seu arquivo.
Ademais sinalan que o permiso solicitado se atopa na bacía do río Támega, curso fluvial internacional que flúe cara territorio portugués e desemboca no río Douro.
Para os ecoloxistas, calquera actuación que se realice sobre os leitos e ríos próximos á fronteira pode ter un impacto considerable sobre a calidade e cantidade destas augas internacionais.
Dende Ecoloxistas en Acción tamén lembran que “é evidente que calquera actividade mineira, pola súa propia natureza, afecta de forma moi apreciable o ambiente do territorio que ocupa, no caso da minería a ceo aberto, e mediante as afeccións ao subsolo, ás augas subterráneas e superficiais no casos da minería a a ceo aberto e subterránea”.
Ecoloxistas en Acción tamén sinala a “falta de capacidade técnica” do promotor do proxecto, a sociedade mercantil Omega Real Estate S.L., con sede social en Madrid.
Desta empresa, constituída en 2018 co obxecto social de “Alquiler de bienes inmobiliarios por cuenta propia”, non consta “ningunha experiencia mineira”.
Destacan que, de feito, a empresa foi “incapaz” de acreditar ningunha capacidade ou experiencia técnica na documentación presentada.
Por outra banda, a plataforma veciñal Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova e o Movemento Ecoloxista da Limia informaron de que este vindeiro sábado, 13 de xullo, día de feira en Xinzo de Limia, instalarán unha mesa informativa na rúa San Roque, entre as 10,00 e a 13,00 horas, co fin de recoller alegacións contra o proxecto “Novo Frixo”, que é o que abrangue os concellos de Sarreaus, Cualedro e Laza.
Ademais, ámbalas dúas organizacións anunciaron que se sumarán á campaña de “información e denuncia da concesión de permisos de minaría a ceo aberto na Limia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
RECLAMACIÓN AL EJECUTIVO
La Xunta pide debatir sobre la financiación autonómica
Fernando Ramos
La verdadera dimensión de Zapatero más allá del Plus Ultra
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El FMI reclama a España que acelere la consolidación fiscal
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo