MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
CHAVES
Natural de Chaves, o cineasta e actor Rúben Sevivas traballaba nunha curtametraxe documental sobre o antigo cine-teatro da localidade flaviense no centro da vila, pechado no ano 1986 e xa demolido.
Investigando sobre a súa historia dende a súa apertura no 1929 e a importancia que tivo na vida cultural e social de Chaves, Sevivas descubriu que no seu interior acontecera un momento histórico salientable do país luso. Humberto Delgado, opositor ao ditador António Salazar e coñecido como o “Xeneral sen medo”, pronunciara naquel cine a súa célebre frase “Estou pronto para morrer pela liberdade”.
A cita formou parte do discurso que Delgado dera con motivo do “comício” de 1958, un mitin das eleccións presidencias celebradas en pleno réxime ditatorial do “Estado Novo”, e que Delgado perdeu fronte o candidato oficialista malia numerosos informes de fraude electoral.
Sevivas non tardou en averiguar que o discurso de aquel 22 de maio de 1958 era o único rexistro sonoro gravado que se conservaba daquela campaña electoral. A policía secreta da ditadura, a PIDE, destruira tódolos rexistros, pero a gravación do Cine Parque foi agochada ao ser enterrada nun xardín durante moitos anos.
O director tivo primeiro que investigar quen tiña a gravación e a quen pertencían os seus dereitos. “O señor que descubriu e rexistrou ao seu nome o discurso foi moi intelixente”, apunta Sevivas, que conseguiu dar co dono do documento sonoro.
Foi naquel momento que a súa curta pasou a ser algo máis que unha homenaxe ao antigo teatro, con imaxes da súa época de esplendor en contraposición co aspecto de abandono nos últimos anos, tamén unha testemuña histórica inédita.
“Sabía da inmensidade daquel espazo, cun aforo de 900 persoas e que chegara a ter dentro un banco, discoteca, zonas comerciais. Pero cando entrei no Cine-Parque por vez primeira e vin aquela tela xigante pendurada e a enormidade do seu interior, fiquei aterrado”, confesa o director.
A curta, estreada no 2019, proxectarase este domingo no Auditorio de Verín ás 20,30 horas dentro da actividade paralela do FIC “Audiovisual para non esquecer”, con motivo do 50º aniversario da Revolución dos Cravos.
A proxección de “Direito à Memória” irá acompañada por outra curta, “O Casaco Rosa”, dirixida por Mónica Santos, e que aborda a figura de António Rosa Casaco, policía da PIDE responsable do asasinato do “Xeneral sen medo” en territorio español o 13 de febreiro de 1965.
Ademais, o Rúben Sevivas moderará un debate sobre ambas curtametraxes coa participación da Mónica Santos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
MISIÓN COMERCIAL
El sector naval andaluz busca oportunidades de negocio en la India