Un libro recolle 240 petroglifos inventariados en Monterrei
PATRIMONIO
máis de 12 anos percorrendo os montes culminaron no compendio dunha obra que, como di o propio autor, " é un traballo de doce anos buscando pedras.
O investigador Bruno Rúa presentou o pasado xoves na Casa da Cultura de Verín un dos traballos arqueolóxicos máis destacados que se levan realizado na comarca de Monterrei. Máis de 12 anos percorrendo os montes culminaron no compendio dunha obra que, como di o propio autor, " é un traballo de doce anos buscando pedras... Dito así, pode parecer que é un traballo inútil, pois pedras hai en todos lados.
Digamos, pois, que busco pedras especiais, con pegada dos nosos antepasados, cunha pegada milenaria que representa unha mensaxe descoñecida pero fermosa.
Estas pedras "especiais" non só representaron no pasado un lugar cultual, senón que aínda hoxe son fonte e mina de cultura popular, pois case sempre levan asociadas lendas ou contos cos que os nosos maiores quixeron explicar o mundo", di Bruno Rúa. "Petróglifos do Alto Támega" é o primeiro libro monográfico feito na comarca no que se trata de dar a coñecer a riqueza agachada das pedras gravadas hai miles de anos. Un corpus ou catálogo de 240 petróglifos, a maioría descubertos por Rúa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Café para a apocalipse
PROGRAMA ESPECIAL
El Congreso Chamoso Lamas analiza el Ribeiro emergente
Julián Pardinas Sanz
Mi amigo, el primo de “todo el mundo”
SÉPTIMA EDICIÓN
ReVive llevará artesanía y reciclaje creativo a Ribadavia