Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Festival de curtas
A sexta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, FIC Vía XIV, acollerá, dentro das súas actividades paralelas, a presentación da obra "Sonido para Audiovisuales", cuxos coatures son Marco García Torres e Rafael Godás Ibáñez, profesores na área da imaxe e do son.
Esta publicación traslada aos lectores técnicas, trucos e exemplos de probada eficacia para que poidan empezar a crear bandas sonoras con resultados profesionais.
Ademais, "Sonido para Audiovisuales" está editada por Altaria, unha editorial especializada en manuais técnicos para estudantes de audiovisuais, e como sinala Godás Ibáñez, "o primeiro público obxectivo da obra é o dos estudantes porque nós, os autores, somos profesores", engadindo que "con esta presentación, a primeira que realizamos da obra, pretendemos ampliar o público ao que se dirixe e levala tamén ata posibles creadores".
Pola súa banda, Carlos Montero, director do FIC Vía XIV de Verín, destaca que "a ligazón entre son e cinema ten un amplo percorrido e no noso Festival adoitamos dedicar a esta cuestión algunhas das nosas actividades paralelas, por iso decidimos que esta obra se presente no marco do noso certame: como un xeito de seguir afondando na conexión entre ambos os eidos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
CONTROL DE SEGURIDAD CIUDADANA
Detenidos dos vecinos de Ourense mientras llevaban droga a Lugo
TRAGEDIA EN VENEZUELA
Venezuela eleva a más de 3.500 los fallecidos por los terremotos