CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
CULTURA PARA A IGUALDADE
O Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín vén de poñer en marcha o programa de actividades “Cultura que transforma: ocio comunitario pola corresponsabilidade”, co fin de promover a igualdade e o reparto equilibrado das tarefas de coidado.
A axenda inclúe dous grandes espectáculos destinados ao público infantil e familiar. A primeira foi “Pequeno Cabaret Infantil”, unha obra que combina teatro, humor e música para transmitir valores de convivencia, e cuxas funcións se celebraron este pasado sábado 8 na Praza García Barbón de Verín e no Terrón de Castrelo do Val. A xira deste espectáculo pecharase o venres 14 de agosto coas actuacións na Praza do Cruceiro de Vilardevós ás 18,00 e na Praza da Picota de Laza ás 20,30.
A segunda das propostas será o teatro de títeres “Brunx, o marciano”, unha obra participativa na que a infancia axuda ao protagonista a descubrir a importancia de cooperar e coidar. As citas serán hoxe 10 na Praza do Concello de Verín ás 10,30 horas e na Casa da Cultura de Vilardevós ás 12,30. Ao día seguinte, o martes 11, a representación terá lugar no CEIP Raúl Fernández de Castrelo do Val ás 10,30 e no Pavillón Deportivo de Laza ás 12,00.
A organización distribuirá vales e invitacións para as ludotecas de verán municipais con mensaxes de sensibilización dirixidas especialmente aos pais e aos homes do fogar. Esta proposta enmárcase no Plan Corresponsables, co apoio do Ministerio de Igualdade, a Consellería de Política Social e Igualdade e Xacobeo 2027.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes