VINO DE LA D.O.
Maridaje de enoturismo y patrimonio en la comarca de Monterrei
VERÁN
O sábado 2 de setembro a aldea de A Pousa, no concello de Monterrei acollerá a terceira edición do Serán da Pousa, unha xornada festiva inspirada nos tradicionais “seráns” nos que a música tradicional é a protagonista, xunto cunha variada proposta de actividades que poñen en valor o respecto á natureza e a vida na aldea.
“Trátase dunha iniciativa que levamos a cabo as veciñas do pobo, co obxectivo principal de unir música tradicional, natureza e convivencia interxeracional á beira do río Támega”, explican dende a organización. Durante toda a xornada faranse actividades que culminarán cunha cea popular con porco ó espeto, empanada, bica e musica “a fartar”, din.
A programación desta terceira edición do Serán comezará ás 12,30 horas cunha sesión vermú con música en directo. Nesta participarán músicos da comarca que amenizarán a Lagoa -epicentro da festa- con éxitos de todos os tempo. “Todos os músicos que queiran participar, xa sexa tocando ou cantando, só teñen que achegarse, contamos con micro aberto”, animan dende a organización.
Tras isto será a hora do “pícnic compartido” á beira do río para retomar a antiga costume de comer coa familia e as amizadas nas festas ao aire libre. Xa pola tarde, ás 17,30 horas, haberá unha actividade novidosa este ano para dar a coñecer a aldea a través dos seus veciños máis lonxevos: “A Pousa Free Tour”.
Os participantes visitarán a aldea acompañados de música. “A través desta actividade buscamos involucrar ás persoas de máis idade da aldea, e aprender máis sobre A Pousa, as propias veciñas e a xente que nos visita. Ademais, agora acabamos de estrear beirarrúas, é un bo momento para ensinar a aldea e celebrar esta humanización da estrada”, anotan as veciñas.
O prato forte da xornada é o serán no que a música virá da man de catro grupos de música tradicional: Nova Era, Candaira, Os Trouleiros de Medeiros e Os Chavalines. Tras a “troula”, será a hora da cea popular. Os interesados en participar nela poderán adquirir as entradas ata o 1 de setembro, por 8 euros.
A cita rematará cunha foliada compartida que continuará despois do lusco fusco ata converterse nun “guateque” ao carón do río Támega, no que a música galega será a máxima protagonista. Todo arredor da Lagoa, a praia fluvial de A Pousa e un lugar moi visitado polos veciños de toda a comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VINO DE LA D.O.
Maridaje de enoturismo y patrimonio en la comarca de Monterrei
FERIA VITIVINÍCOLA
El 39º Salón Gourmets de Madrid, nueva escaparate de la D.O. Monterrei
COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
Lo último