Papá Noel visita o mercadiño solidario de Nadal de Femuro

Campaña navideña

Femuro organiza un mercadiño solidario durante estas datas de Nadal

Papá Noel e os músicos de Femuro.
Papá Noel e os músicos de Femuro.

O mercado solidario de Nadal que organiza a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) en Verín tivo onte unha visita moi especial: Papá Noel, quen recibiu aos veciños e visitantes nas instalacións de dito mercado.

navidad en Femuro (2)
navidad en Femuro (2)

Ademais de Papá Noel, a xornada de onte estivo chea de sorpresas e música. A cargo da academia de música “A tempo”, Pepita, Izan, Gonzalo, Mariña, Carla e Borja -entre outros participantes- interpretaron cancións populares de Nadal como “Hacia Belén va” ou “Peces en el río”.

O mercadiño solidario de Femuro abrirá este xoves e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 10,30 a 13,30 e 16,30 a 19,30 horas.

Contenido patrocinado

stats