FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
VIOLENCIA MACHISTA
O aumento de casos de violencia de xénero na comarca, con en torno a 60 casos activos nestes momentos, a meirande parte dos cales concéntranse en Verín, a vila con maior poboación, foi o principal asunto sobre o que xirou a reunión da Mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, que tivo lugar o pasado venres no Concello verinense.
Ademais de mencionarse as estatísticas e número de casos de violencia de xénero, tamén se abordou a situación dos menores de idade afectados por este tipo de violencia. Dende os recursos sociais públicos dos Concellos e o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade realizáronse diferentes peticións nese sentido.
Unha das principais reclamacións foi a apertura “urxente” do Punto de Encontro Familiar de Verín, o décimo recurso destas características da Consellería de Política Social e Igualdade en toda Galicia, e cuxa apertura estaba prevista para o primeiro trimestre deste ano.
Outra das peticións que se realizou durante a sesión foi a de retomar a Unidade de Condutas Aditivas no Hospital verinense, para prestar servizo ás familias que o precisen, ao igual que a apertura de garderías públicas, co fin de favorecer a conciliación familiar e laboral.
Por último, alén de solicitar recursos para os servizos públicos que atenden os casos de violencia de xénero, dos que o CIM atende 95 relacionados con esa problemática, pediuse un centro cívico con ocio e formación para a xuventude.
A Mesa contou con diferentes representantes políticos comarcais: Diego Lourenzo, José Luis Suárez, Ana Villarino, Marina Lovelace e María del Mar Valle.
Tamén interviron María Alida Iglesias, xefa provincial da Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Ourense; Rodrigo Barba Alvedro, director xeral da Loita contra a violencia de xénero da Xunta, e María Iglesias Bueno, maxistrada do Xulgado de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense