FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
ENTREVISTA
O coñecido ourensánSergio Pazos será o homenaxeado na sexta edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín, pola súa longa traxectoria no mundo do teatro e audiovisual e, ademais, por posicionar a provincia alá onde vai.
Que supón para vostede ser homenaxeado no FIC Vía XIV?
Se o tomo con esa ironía e humor que temos os galegos significa que cando che fan unha homenaxe é porque estás a piques de desaparecer profesionalmente, e eu penso que aínda teño moito por diante (ri). Quitando esa ironía e sendo serios, sempre se agradece que che recoñezan a traxectoria profesional, e mais cando son dos teus, de Ourense.
Que imaxe ten do festival?
Hai que defender os festivais como este, teñen gran potencial e moito que ofrecer. Nunca se sabe, dentro de 20 anos podemos traer a actores recoñecidísimos ou que todo o mundo queira vir aquí para participar. Hai que defendelos, tamén a nivel administracións con orzamentos.
Coida que as curtas teñen potencial?
O mundo das curtas xa se está profesionalizando moito, xa teñen en conta que hai dedicación. A min encántame traballar nas curtas porque son traballos pequenos que saen da zona de confort do actor, ofrecen personaxes que non se soen facer, é moi divertido. A min encántame facer cousas que non fixen nunca, e as curtas encaixan xenial nisto, é como un reto.
Que destacaría da súa carreira?
Esta pregunta sempre é moi complicada. O máis bonito desta profesión é que cada día ten algo novo. Eu estou moi orgulloso do papel de Pepe en Cuéntame, pero sigo sendo Paspallás en Platos Combinados… Se tivera que destacar algo diría o teatro con “La Asamblea de las mujeres” en Mérida. Facer Merida é algo especial.
Teatro, cine ou televisión?
Co que mellor me pague (ri). Quedaríame co teatro, sen dúbida. Eu son titiriteiro. Se un día o fas xenial, ao día seguinte tes que facelo mellor. O teatro é a base de todo, é saír todos os días “al ruedo”, no cine podes repetir, pero aquí xógala. O teatro é básico, todos os actores de cine e televisión teñen que saber teatro e, por suposto, volver de cando en vez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último