A telefonía e as compras online, líderes en 2024 en reclamacións en Verín
OFICINA DE INFORMACIÓ AO CONSUMIDOR
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Verín presentou o seu balance de 2024, no que as telecomunicacións e o comercio electrónico seguen a ser os sectores que xeran máis reclamacións
Entre reclamacións, consultas e mediacións por parte da veciñanza, os sectores da telefonía e das compras online concentran un total de 362 e de 167 casos rexistrados, respectivamente.
Os motivos no caso da telefonía fixa, móbil e internet son o incumprimento de ofertas prometidas verbalmente, a falta de envío do contrato coas condicións pactadas, facturacións incorrectas, cargos inxustificados e deficiencias no servizo.
Na compra online, os veciños denunciaron non recibir o produto, falta de stock sen devolución do diñeiro ou cobros indebidos por devolucións tralo desistimento, atrasos na devolución do importe ou desaparición do vendedor.
O terceiro sector con máis reclamacións foi o eléctrico, con 55 casos, principalmente por problemas de facturación, cambios non autorizados da comercializadora e cobros indebidos de servizos de mantemento.
Ademais, rexistráronse queixas en sectores como seguros, banca, mensaxería, liñas aéreas e reparación de vehículos, cun total de 48 reclamacións.
En moitos casos, non foi posible formalizar unha reclamación debido á falta de información sobre a empresa na páxina web, especialmente cando se trata de comercios fóra da UE. Fronte a estes problemas, a OMIC subliña a seguridade que ofrece o comercio local, onde as reclamacións son mínimas.
Estafas mediante SMS
Outro dos problemas detectados foi a proliferación de mensaxes SMS fraudulentos, nos que se suplanta a identidade de organismos oficiais como Correos ou a Axencia Tributaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy sábado, 19 de septiembre
SE COMPLICA LA SITUACIÓN
Cuarta derrota consecutiva de la UD Ourense en Primera Federación (3-1)