Último día de inscrición na ruta das "Portas do Invernadeiro"
CAMIÑADA
Este vindeiro domingo, 2 de xuño, a parroquia de Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, acollerá a partir das 8,30 horas a 7º edición da camiñada pola ruta das “Portas do Invernadeiro”
Este roteiro de senderismo polos pobos de Campobecerros presenta tres posibles rutas, todas cun percorrido circular, adaptadas ás condicións físicas dos participantes: de 4,5, 13,4 ou 18,9 quilómetros.
Ademais, todos os camiñantes recibirán camisolas de balde, e disporán tamén de avituallamento de comida e agua fresca, servizo de coche escoba, duchas gratuitas e bar.
Este xoves é o último día para poderse inscribir nela, ben sexa no Multisport de Verín, ou no Restaurante Merendeiro de Campobecerros, onde terá lugar o xantar posterior á camiñada.
O prezo é de 6 euros ou de 13 euros con xantar incluido. Adicionalmente, é posible realizar a inscrición a través dos números 678 400 046 e 676 149 038.
Organizan conxuntamente o CMVMC de Campobecerros e o Concello de Castrelo do Val.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HELADAS GENERALIZADAS
Calvos de Randín repite como el punto más frío de Galicia
NUEVO MINISTRO DE TRANSPORTES
Las víctimas del Alvia piden reunirse con Cuerpo: "Si nos hubieran escuchado, se habría evitado el accidente de Urda"