Agrelo, sen pinga de auga
A aldea de Agrelo, no municipio de Muíños, é un dos lugares da provincia afectados pola seca: da súa única fonte xa non sae auga fresca e os veciños teñen que ir buscala a manantiais distantes ou mercala embotellada nos supermercados das vilas.
Mentres o Concello de Muíños intenta remediar os problemas locais que provoca a seca, un dos lugares máis afectados do municipio, a aldea de Agrelo, fai fronte, dende hai días, a unha escaseza de agua inusitada no lugar: a fonte da rúa principal xa non bota nin unha pinga e das billas das casas sae un fino chorro, algo turbio, que nin sequera é potable e só serve para lavar e desaugar o inodoro.
Esta pequena veciñanza do rural sofre o problema do despoboamento: conta en verán cunha ducia de habitantes e, o resto do ano, con catro residentes. Unha das veciñas permanentes, Ascensión Díaz, de 87 anos, abre a billa do fregadoiro da súa cociña, do que sae unha auga procedente do río, que trae con ela terra e restos orgánicos, que fan inviable o seu consumo.
A situación é crítica, e son os veciños máis novos os que van recoller a auga doutras fontes do municipio ou mercala embotellada para combater a sede. “Yo bajo al río, donde hay unos grifos, pertenecientes al ayuntamiento de Muíños, y la utilizo para beber y cocinar”, relata Manuel Oliveira, un dos veciños que pasa o estío en Agrelo, na casa que pertencera aos seus avós.
A súa filla, Iria, veu de visita á casa familiar dende Madrid cos seus dous fillos, Juan e José Manuel. Ela lava o pelo de Juan coa pouca auga que sae da villa do lavodoiro do baño da casa, en cuxa bañeira acumulan cubos cheos ata arriba. “En ningún verano habíamos vivido esto; ahora ya sé cómo vivía mi abuela”, comenta.
Outra das veciñas máis maiores, María Flores Pérez, de 90 anos, laíase dunha seca que xamais vivira: “Isto é unha pena, non hai nin para lavar cacharros e os gatiños morrían coa sede, que había que darlles de beber dunha botella”.
Ascendendo pola vía principal está a aldea de Picós, onde tamén viven co problema de ter unha fonte seca. Porén, o seu manantial, diferente do de Agrelo, aínda abastece auga á fontanaría do lugar, mais tampouco é apta para o consumo: “A auga para beber mercámola, de momento, no súper ou traémola da Aparecida, en Porqueirós”, explica Amelia Magalhães, veciña de Picós.
De volta en Agrelo, Ascensión e Flores observan con mágoa a auga estancada no lavadoiro da fonte. O can de Ascensión é o único que se atreve a beber do pouco líquido que quedou nun recipiente baixo o caño.do recipiente da fonte, que non bota xa nin pinguiña. Con todo, Flores ten esperanza posta nas poucas precipitacións previstas para os vindeiros días: “A ver se vén unha chuviña que axude”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último
Benito Iglesias
La vivienda gira hacia la edificación industrializada
AVANCE ORDENADO Y CONSTRUCTIVO
Trump afirma que no cerrará un pacto precipitado con Irán
MANIFESTACIÓN POR EL TERRITORIO
La protesta anual contra Ence toma el centro de Pontevedra y suma la petición por el archivo de Altri