EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Un éxito. Así resumen os organizadores e participantes o que foi o desenvolvemento das XIII Xornadas Interxeracionais celebradas este xoves en diferentes espazos da cidade de Ourense. Case 200 persoas, entre escolares, universitarios e persoas maiores, compartiron todo un día de actividade que comezou na Praza Maior "rompendo o xeo" e que rematou cunha gran festa no propio campus. Foi unha vez máis unha oportunidade única para que, rachando as barreiras que fóra do contexto familiar separan ás persoas de diferentes idades, todos e todas compartisen risas e coñecementos propios de cada etapa da vida.
A programación, organizada por alumnado de Educación e Traballo Social da Facultade de Ciencias da Educación do campus, comezou coma cada ano coa xuntanza de todos os participantes na Praza Maior da cidade para desprazarse logo ao Xardín do Posío para desenvolver un gran xogo que nesta ocasión tivo como temática a multiaventura. Divididos en grupos e cada grupo con mestura interxeracional, os participantes, coordinados polo alumnado organizador, pronto se implicaron nas actividades e responderon moi positivamente ás propostas que se lles ía facendo.
Tras este comezo, a actividade trasladouse logo ao propio campus para o xantar e para desenvolver unha tarde e noite lúdica na que houbo xogos populares, como os zancos ou a roda, a cargo dos membros das Aulas da Terceira Idade; diversas actuacións musicais e unha merenda popular. Foi un día cheo de actividades e diversión que rematou entrada xa a noite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”