INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
METEOROLOXÍA
Galicia quedará o martes nunha situación intermedia entre a borrasca situada en Azores e as altas presións do norte de Europa, o que deixará un corredor de ventos intensos de compoñente este que achegarán aire moi frío para esta xornada.
Espéranse ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto pola mañá. Co avance do día, unha fronte cálida irá entrando polo sur, con aumento de nubes e precipitacións que comezarán á tarde no sur das provincias de Pontevedra e Ourense e á noite serán xeneralizadas.
Durante a madrugada do mércores as precipitacións serán de neve en calquera cota das provincias de Lugo e Ourense, no norte e interior da provincia da Coruña e no interior da provincia de Pontevedra.
Ourense
No noroeste da provincia haberá alerta amarilla por neve a partir das 20 horas do martes e ata o día seguinte. As zonas que se verán afectadas son aquelas de cota superior a 400 metros, cunha probabilidade do 40 ao 70%.
Porén, en todas as zonas montañosas haberá alerta vermella e/ou laranxa por neve a partir das 20 horas do martes e ata o día seguinte.
En Valdeorras tamén haberá alerta laranxa por nevadas, na mesma franxa horaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto