RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
UNIVERSITAS
A Corbicula fluminea, ou ameixa asiática, é unha especie invasora de auga doce documentada en Galicia dende finais da década de 1980. A partir dese momento foise estendendo por ríos e estuarios da comunidade colonizando xa o Ulla, Mero, Deva, Sil e medios illados como as lagoas de Centeáns, como consecuencia das actividades humanas. O investigador Noé Ferreira, en colaboración co Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, está a levar a cabo unha análise da dispersión da especie en Galicia na actualidade, para o que estableceu un total de 113 puntos inicias de mostraxes "nos principais esteiros da comunidade, dende o río Lérez ata o Eo, na fronteira con Asturias, para baixar polo Miño dende Meira ata A Guarda, incluíndo o tramo galego do río Sil dende O Barco de Valdeorras ata a súa confluencia co Miño nos Peares".
O investigador, que traballa na súa tese de doutoramento, explica que o estado actual parece "estancado" no que se refire á colonización de novos ríos dende o ano 2008, pero a especie continúa dispersándose augas arriba. O traballo de campo para as mostraxes foi realizado por Ferreira na primavera de 2014 e na actualidade atópase procesando as mostras recollidas co obxectivo de comezar unha segunda fase da investigación que ten como obxectivo que os datos obtidos senten as bases para atallar o avance da especie, permitindo a detección precoz de novas introducións. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último