Amencer prepara as súas vacacións escolares de Semana Santa
dende o 10 ata o 21 de abril
A asociación xuvenil Amencer xa iniciou os preparativos para as súas “Vacacións escolares de Semana Santa 2025”. Os proxectos “A tope na ponte” e “Mañás de Semana Santa” chegan dende o 10 ata o 21 de abril para encher o tempo libre dos máis cativos, con distintas actividades e iniciativas que servirán para converter a ponte nun momento de encontro, diversión e enriquecemento.
Os tempos mortos dos pequenos enriqueceranse con ledicia e festa, permitindo ademais a conciliación familiar para aqueles pais que non teñen períodos vacacionais nos seus traballos. Os locais de Amencer abriranse ao público de xeito gratuíto as tardes do xoves 10, venres 11, luns 14, martes 15, mércores 16 e luns 21, ademais dos festivos co proxecto “Amencer á carta”. Xogos de mesa, obradoiros, torneos deportivos e exposicións son algunhas das actividades que poderán compartir aqueles rapaces que se acheguen a Amencer. Ademais, a asociación organiza, un ano máis, as XIII Mañás de Semana Santa, co obxectivo de achegar aos rapaces que non participan normalmente nas actividades de ritmo semanal de Amencer, con xincanas, xogos de presentación e cooperativos, psicomotricidade, cine, grandes xogos, e moitas máis iniciativas para nenos de entre 3 e 13 anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VARIEDAD MUY TEMPRANA
El Ribeiro inicia la vendimia más madrugadora
RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
APARCAMIENTO DE LAS TERMAS
Vídeo | Susto en Outariz al arder una autocaravana: "No contestaba nadie"
Lo último