RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Ángel Carracedo (Santa Comba, A Coruña, 1955) é un dos investigadores galegos máis recoñecidos a nivel mundial. Entre as súas xestas está a primeira vez que o ADN se utilizou como proba nun caso penal (unha agresión sexual hai xa 30 anos). Este catedrático de Medicina Legal, experto internacional en xenética, lidera os grupos de científicos que participaron en sucesos como o de Alcasser, o 11M e incluso o 11S. Agora está inmerso nun estudo sobre como a xenética inflúe na severidade do covid. Carracedo fala en plural dos seus logros, gústalle a divulgación e fuxe dos casos mediáticos. As series do estilo “CSI” non lle gustan, pero búscalle o lado bo: axudan a espertar vocacións. Onte pasou toda a mañá dando charlas a estudantes: a primeira hora no IES O Couto, a última no Campus de Ourense, organizada pola Facultade de Ciencias.
Vostede non é dos que quedan no laboratorio.
Gústame e vexo que é unha necesidade achegar o que se fai na investigación á xente. É unha obriga achegarse aos estudantes. Ter unha mañá de descanso ao mes non pasa nada, para min é un descanso, un momento moi bonito. Foi tan impresionante a ilusión dos rapaces no instituto! Achegar a ciencia aos estudantes é vital, tamén no bacharelato porque teñen moito estrés, que vexan que o mundo é multidisciplinar e que se cumpren as ilusións.
É posible manter a ilusión sendo investigador en Galicia?
Eu sígoa mantendo, penso que máis que cando empecei. Gústame moito o que fago e estou sempre rodeado de xente nova con ideas. Cada vez teño máis ilusión.
E non están un pouco esgotados os investigadores? Recentemente puxémolos na “carreira” pola vacina da covid. Esixe demasiado a sociedade?
O covid revalorizou duas cousas: a importancia da medicina, a primeira. A miña muller é ucista e di: “Por fin a xente sabe quen somos os ucistas”. E tamén a importancia da investigación. Se algo nos está salvando na pandemia e nos vai salvar é a investigación. Agora, que se traduza esa visión en que haxa unha carreira investigadora e máis oportunidades para a xente nova. Que pase a ser unha realidade. Que os novos poidan facer unha carreira investigadora con estabilidade, aínda queda moito por mellorar.
Lidera un estudo que vincula a xenómica ao covid. En que punto están?
Acabamos de mandar o resultado a unha revista moi importante. O proxecto consiste en saber cales son os determinantes xenéticos da severidade ao covid. Atopamos moitos novos. Por outro lado, vimos que existe unha diferencia enorme entre homes e mulleres. Mentres os determinantes xenéticos en homes son uns, en mulleres son outros. Os resultados que nos deu poden ser dianas para facer fármacos.
A xenética inflúe na gravidade que adquire un paciente covid?
Si, está bastante determinado xenéticamente. Depende lóxicamente do virus e da carga viral. Ómicron produce menos severidade que delta. Importan moitas cousas pero a xenética inflúe ao 50% na severidade do covid, é dicir, as características dun, que imos averiguando pouco a pouco.
Estivo traballando en casos mediáticos, pero seica se agobia…
Si, a min a parte máis vinculada ao forense non me gusta nada. Sempre me gustou moito a independencia dos peritos, iso da mediaticidade pertúrbame moito e estrésame.Unha cousa é a ciencia e outra e todo iso dos casos mediáticos, que non me gusta, pero sei que é parte da vida.
Nalgunha entrevista falou do “efecto CSI”…
Non a vexo, pero si que penso que hai un “efecto CSI”. Pénsase que tódolos casos se poden resolver e se poden resolver rápido. E tamén hai moitos “efectos CSI” que non son bos. Tamén é certo que ten un efecto bo: crear vocacións para que a xente traballe. Pero que todo o mundo pense que o ADN é infalible é un dos efectos graves desas series.
É dicir, que no tempo de ocio non ve series do seu campo investigador?
Non teño tempo e diso menos!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología