CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
Colección de láminas con La Región
No día de San Bieito, 11 de xullo sairá a lámina dedicada a Antón Losada Diéguez (1884-1929) que realizou Antón Pulido (Amoeiro, 1944).
Trátase dun retrato en tinta china que capta ao protagonista nos últimos anos da súa vida. “Morreu moi novo, con 44 anos”, lembra Pulido, que sinte un gran interese polo retrato.
“Nos retratos o importante non é o parecido, senón o seu uso como campo exploratorio da psicoloxía e personalidade do retratado. Losada deixou un importante legado cultural e a súa figura transcende ao noso tempo grazas ao premio instituído no seu nome, polos concellos de Boborás e O Carballiño. Toda a Xeración Nós foi dunha gran transcendencia. Sen eles, Galicia sería un país moito peor”.
Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.
La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 4 de noviembre
Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
PRIMERA FEDERACIÓN
Agustín Ruiz es el elegido por la UD Ourense