O arranxo da A-52 na provincia limítase ás “zonas en peor estado”
INICIO EN VERÍN
As borrascas e o gran volume de precipitacións rexistradas neste inicio de ano provocaron danos importantes no firme da autovía A-52 ao seu paso pola provincia, agravando o estado dunha vía que xa presentaba graves deficiencias
Tras identificar os puntos máis deteriorados, o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible deu comezo este martes en Verín, no carril da autovía en dirección Ourense, aos traballos de reparación, que contarán cun investimento de 9 millóns no marco do Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas do Estado en Galicia.
O subdelegado do Goberno na provincia, Eladio Santos, visitou a zona para supervisar as tarefas de asfaltado e puxo en valor o investimento, que se suma ao investimento anual ordinario para a conservación da rede viaria estatal na provincia. Ademais, salientou que a reparación comenzara nun “tempo récord”, xusto despois de que as condicións meteorolóxicas e o cesamento das chuvias permitisen traballar no asfalto.
Pola súa banda, Álvaro Rodríguez, xefe da Unidad de Carreteras del Estado en Ourense, indicou que só se repararán “as zonas en peor estado”, e despois de reparar o taboleiro do Támega, teñen previsto desprazarse “ata A Gudiña”.
Reforma integral
Santos confirmou tamén que despois deste “asfaltado de emerxencia” está prevista a rehabilitación integral do firme da A-52 entre A Gudiña e Cualedro, unhas obras xa en licitación cun investimento de case 18 millóns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Jamón