Baños de Molgas abre el cuarto centro ourensano de apoyo para crear empresas
POLOS DE EMPRENDEMENTO
Abre en Baños de Molgas o cuarto Polo de Emprendemento da provincia de Ourense. Trátase dun novo centro da Rede de Polos de Emprendemento e de apoio a Emprego. Na inauguración deste centro, Elena Rivo destacou que o 60% dos emprendedores activos nos viveiros da Xunta son mulleres
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego sumou a partir de onte 13 oficinas en Galicia tras a apertura do centro de Baños de Molgas, que supón o cuarto para a provincia de Ourense. Así o resaltou onte a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, na inauguración das novas instalacións, un novo Polo de Emprendemento que estará xestionado pola Fundación Roberto Rivas. Na inauguración Elena Rivo destacou que a Rede é unha iniciativa coa que se aposta polo rural pola vía do emprendemento. Rivo indicou que os polos están a ser “útiles” porque están a atraer talento e están a fixar poboación.
A Rede, tal e como indicou, estase a consolidar para fixar poboación nos pequenos núcleos e explicou que, mostra disto, son os tres emprendedores (unha muller de Barcelona e unha parella de retornados) que no acto de inauguración achegaron a súa experiencia de deixar ás súas cidades para virse a traballar a Galicia. Os polos atraen iniciativas empresariais de dentro e de fóra de Galicia e, de feito, segundo salientou, un 11% das persoas emprendedoras que atende a Rede proveñen de fóra de Galicia, o 70% do estranxeiro.
Nos polos operativos ata o de agora, o total de proxectos atendidos supera os 1.350, dos que un 80% están en activo (1.085 seguen activos). Fixéronse, ademais, preto de 3.880 titorías. Referidos aos tres polos en funcionamento na provincia de Ourense, os proxectos atendidos son uns 280, predominando por sectores os servizos (24%), seguido da hostalaría (17%), e da agricultura, gandería, silvicultura e pesca (10%).
A meirande parte das persoas emprendedoras asignadas aos polos activos son mulleres (60%) e en canto ás idades, o 58% atópase nunha franxa de entre 35 e 52 anos. Con todos os participantes fixéronse un total de 755 titorías. Na provincia de Ourense, ademais, existen 13 proxectos de remuda rexistrados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
48 HORAS DESPUÉS
La solidaridad toma el relevo en las aldeas de Viana do Bolo