PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
O bo tempo permitiu onte, por fin, dar inicio á tempada de piscinas na área metropolitana de Ourense. As piscinas de Barbadás foron as encargadas de dar arranque á tempada de piscinas municipais, e onte xa houbo unha afluencia importante de xente que buscaba sufocar a calor da tarde. Iso si, non é o primeiro día que estas instalacións están abertas, xa que a data de apertura oficial foi este luns, aínda que as tormentas dos últimos días impideron inauguralas.
Durante o mes de xuño as piscinas da Valenzá abrirán as súas portas de 16,00 a 21,00 horas. Por outra banda, no mes de xullo, agosto e ata o 10 de setembro, data prevista para o peche, o horario será pola mañá de 12,00 a 15,00 e pola tarde de 16,00 a 21,00.
Os abonos e as entradas diarias están dispoñibles desde o pasado día 7 de xuño soamente para os empadroados no municipio a través da aplicación do ximnasio virtual ou a páxina web do concello. O prezo do abono para maiores de 16 anos é de seis euros. No caso dos menores de 16 o prezo que deben abonar por toda a tempada é de tres euros.
Estes son os mesmos prezos que o ano pasado e un dos máis económicos de toda a zona, o que fai que os veciños da zona opten polas instalacións do seu municipio. Ademais, este ano si estarán operativos os vestiarios para maior comodidade dos usuarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último