GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
LECTORA INCONFORMISTA
Benita De Dios Álvarez acaba de entrar no clube dos centenarios da provincia de Ourense, famoso xa en todo o mundo. Galicia iniciaba recentemente a súa andadura para converterse en Zona Azul, delimitacións xeográficas do mundo que destacan pola alta esperanza de vida, como é o caso do rural ourensán. De feito, Terras de Celanova, Carballiño, O Ribeiro e Terras de Caldelas conforma a "Okinawa" galega, en referencia a esta illa xaponesa, o lugar do mundo no que máis persoas centenaria hai.
Esta veciña naceu, criouse e viviu toda a súa vida en Xunqueira de Espadanedo. "Nacín nunha familia humilde. Caseime sendo moxa e tiven catro fillos. Agora vivo coa filla que me queda, a Ramona, que é quen me coida". Ser o centro de atención gústalle máis ben pouco, é unha muller que se define como sinxela e máis ben tímida, que sempre traballou no campo. "Tiñamos vacas e eidos, e a maiores había que atender a casa e os fillos. Traballei moito na miña vida, agora fai todo a Ramona, eu estou de señorita", comenta entre risas.
Ao longo dos seus cen anos de vida, pasou por momentos doces e non tanto. "Quedei viúva aos 53 anos e a vida non foi de color de rosa. Perdín aos meus fillos e iso é unha pena moi grande; é triste ver como cada vez quedamos menos, pero houbo que facer de tripas corazón e seguir cara adiante, aceptando o que Deus manda, da mellor maneira posible".
O paso dos anos minguaron a súa capacidade auditiva, "e o desgaste dos xeonllos impídenme moverme con soltura, pero grazas a Deus a cabeza téñoa ben", e tamén súa vista, que mantén perfecta, e desde o seu fogar en Niñodaguia é unha lectora habitual de La Región. "Leo bastante, o periódico e revistas que me traen, e fágoo sen axuda de gafas. Ver vexo ben, ogallá tivera todo como a vista", conta Benita dunha afección que colleu "xa de máis vella, ao non poder saír da casa, sérveme de entretemento e aprendo cousas".
O pasado 10 de maio Benita cumpriu un século de vida e a familia organizou unha celebración por todo o alto que ningún invitado quixo perderse. "Xuntámonos na casa -así o quixen eu, amárgame saír- todos os que puidemos. Eramos doce, ata viñeron meu neto de Xirona e meu irmán, de 93 anos, desde as Illas Canarias. O único que pedín foi que houbera pulpo, porque me gusta moito. Foi un día moi feliz", lembra Benita, para quen ese foi o mellor regalo, "desfrutar do día xuntos", pero non faltaron os agasallos, cun ramo de flores incluido, e felicitación de familiares por teléfono e tamén dos veciños de toda a vida.
"Ter sorte, e gozar de boa saúde. Comer os xantares sans de toda a vida, a maioría cultivadas na horta: patacas, berzas, fabas... Criabamos porcos, pitas, coellos. Para almorzar, as papas de millo con leite", unha dieta, tal como explica Benita, baseado no produto de proximidade e tempada. Outra das claves, asegura, decirlle que non aos vicios, "nunca os tiven, nen fumar nen beber, aínda que medio vasiño de viño ao xantar si que tomo. E tamén é moi importante adaptarse o mellor posible ao que a vida ten preparado para un".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
FINANCIAMENTO EXTERNO
O Concello de Verín incrementa un 43% os fondos para investimentos en 2026
LA PUNTILLA
Amenazas
CUARTOS DE FINAL
La recta final de la Copa Diputación
CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
La provincia de Ourense ya es modelo nacional del termalismo