INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
O BNG trasladará a Europa as “eivas” no transporte comarcal de Ourense “ante a falta de resposta e a incapacidade da Xunta e do Estado”. Así o anunciaron onte os nacionalistas nun acto no intercambiador da Alameda da cidade.
O candidato ás eleccións europeas, o ourensán Artai Gavilanes, acompañado por outros membros da formación como os deputados Noa Presas e Iago Tabarés, alertou de que “Galiza, e nomeadamente Ourense, sofre un desmantelamento dos servizos públicos de transporte colectivo”.
Gavilanes lamentou o “abandono da Xunta de Galiza para coa cidade e a comarca de Ourense” ante a ausencia dun servizo de transporte metropolitano. Neste senso, salientou a situación dos polígonos industriais de San Cibrao e O Pereiro. “Temos, a día de hoxe en Ourense, un sistema de transporte obsoleto e que non satisfai as necesidades da poboación”, engadiu o candidato ás eleccións europeas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
Lo último