Restricións en Boborás: que se poderá facer e que non?
Crisis do coronavirus
As novas restricións entrarán en vigor o venres.
Unha illa na provincia. Boborás foi unha das sorpresas do comité clínico, o único concello da provincia que non pasa ao nivel mínimo de restricións. Boborás queda en nivel 2 coas seguintes limitacións:
REUNIÓNS SOCIAIS
• Limitanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
• Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
PECHE PERIMETRAL
• Limitase a mobilidade de persoas do ámbito territorial conxuntamente delimitado formado polos concellos da área sanitaria e que teñan a mesma situación epidemiolóxica
VIDA SOCIAL E CULTURAL
Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
• Velorios: 5 persoas por túmulo agas conviventes e 15 en espazos abertos.
• Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
• Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesioanais: 30% da capacidad autorizada do local. Límite de 30 persoas en locais pechados e 75 persoas en locais ao aire libre.
• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
• Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.
HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN
Non está permitido o consumo no interior.
- • Nas terrazas ao aire libre:Limitación ao 50% das mesas permitidas.
- • A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
- • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
- • Horario do peche ao público: 18:00 horas.
- • Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.
- • Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS
Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
• Peche temporal dos albergues turísticos
COMERCIO
Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do aforo 50% da súa capacidade.
Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior
CENTROS COMERCIAIS
Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: Límite do aforo 30% de capacidade total.
• Peche ás 21:30 horas.
• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade total en cada un deles.
• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
MERCADOS AO AIRE LIBRE
• Límite do aforo: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
Non federada:
- • Ao aire libre ou en instalacións deportivas cubertas: De forma individual ou en grupos de ata catro persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía.
- • Instalacións deportivas cubertas: Límite 30% da capacidade máxima permitida.
- • Vestiarios e zonas de ducha: Límite 30% da capacidade máxima permitida.
Federada:
- • Axustarase os correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO
• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- • Peche das actividades.
CENTROS SOCIAIS, SOCIOCUMUNITARIOS, CLUBES DE XUBILADOS
- • Peche das actividades.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA
Escolas oficiais de idiomas.
• Escolas de arte e superior de deseño.
• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
• Escola Superior de Arte Dramática.
• Conservatorios de música.
• Conservatorios de danza.
• Escolas de música.
• Escolas de danza.
• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala
• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
* As actividades presenciais que impliquen instrumentos de vento e/ou exercicios de canto mantéñense suspendidas.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.I.4. Espectáculos circenses.I.5. Espectáculos deportivosI.6. Espectáculos feirais e de exhibición.I.7. Espectáculos pirotécnicos.
II. Actividades recreativas:
II.3. Actividades de lecer e entretemento.II.4. Atraccións recreativas.II.7. Actividades de restauración.II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III. Establecementos abertos ao público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.4. Circos.III.1.5. Prazas de touros.
III.2. Establecementos de actividades recreativas:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.III.2.1.2. Salas de bingo.III.2.1.3. Salóns de xogo.III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multilecer.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.III.2.7.2. Discotecas.III.2.7.3. Pubs.III.2.7.4. Cafés-espectáculo.III.2.7.5. Furanchos.• Serán de aplicación as medidas establecidas para Hostelería e Restauración.
III.2.8. Centros de lecer infantil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”