PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
NOVA APERTURA
Cando o pasado mes de decembro empezou a comentarse entre os veciños de Coles que Santiago Couto, Santi de Casa Conde para todos, baixaba a persiana da cafetería, a pesadume extendeuse por todo o concello: perdíase, máis que un bar, un espazo de encontro para todos os veciños e veciñas. Un negocio que oito meses despois volve a estar en funcionamento grazas a Sonia, veciña de Amoeiro, pero asentada da aldea de A Madanela, moi preto de Vilarchao.
"Sempre me gustou este local e me gustou a hostelería", explica Sonia, con formación en márketing, retornada a Ourense no 2021 despois de sete anos traballando no Reino Unido. "Cada vez que pasabamos por diante de Casa Conde pensaba: que marabilla de local, con este xardín e o gran aparcamento". Por iso, despois de pensalo un pouco, "pois a hostelería é un sector que se pode facer moi duro", decidiu dar o paso e poñerse á fronte do coñecido negocio de Coles.
O pasado 9 de agosto tivo lugar a inauguración desta nova etapa, cun espectáctulo de baile a cargo das Meigas Tribal. Desde entón, en horario de 7:00 a 23:00 horas, Sonia e o resto de empregados de Casa Conde, ofrecen almorzos que van desde churros, croissant ou torradas, e tamén opcións sen glute. "A nosa intención é poder dar ademais algunhas racións e tapas polas tarde-noites", conta Sonia.
Sonia, que forma parte da Asociación Cultural Trulhada, quere que Casa Conde se converta nun espazo referente e de promoción da cultura. Por iso, "queremos facer intercambios de libros, entre outras actividades culturais que teño na cabeza, como concertos, etc".
Dirección: Vilarchao, 12 - Baixo, 32152 Coles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
POR LA VISITA DEL PAPA
La Diócesis de Ourense adelanta la celebración del Corpus al 4 de junio
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La niebla