UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
IGREXAS E CAPELÁNS DE OURENSE
O estilo artístico coñecido como neogótico, especialmente na arte da arquitectura, foi un movemento historicista e decorativo, que tivo seus inicios a mediados o século XVIII alcanzando o seu apoxeo entre os anos 1830 e 1875. A súa evolución medrou a finais do século XVIII e principios do XIX cando os eruditos dos distintos períodos do gótico intentaron revivir esta arquitectura medieval en contraste directo cos modernos estilos neoclásicos imperantes nese momento. O uso máis común do estilo neogótico foi aplicouse tanto na construción de igrexas como capelas e catedrais e, en menor medida, nos edificios tanto de carácter público como privado.
Este modalidade chegou a España no século XIX que permitiu dar remate a algunhas fachadas das catedrais medievais ou á erguendo doutras.
No decurso do século XIX o bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo Rodríguez (1876-1895) de grata memoria na súa sé episcopal, foi acredor do recoñecemento dos ourensá así como dos seminarista; el erixiu dende os alicerces con cargo á súa propias expensas a actual e fermosa capela situada preto da parte máis moderna do edificio do bispado ademais vendo o lamentable estado de conservación así como das carencias dos máis elementais servizos educativos para o bo desenrolo dos estudos dos futuros antigo seminario Conciliar San Fernando, decidiu a reforma do mesmo situado na rúa Lamas Carbajal co obxecto de adaptalo ás necesidades educativas dos alumnos ademais d a construción dunha nova residencia e bispado con fachada á rúa do Progreso polo que, o día 28 de outubro do ano 1888 o arquitecto catalán José Antonio Queralt Rauret solicitou a licencia pertinente de edificación ao Concello de Ourense na que se incluía unha capela, claustro, oficinas do clero ademais da súa propia residencia do bispo licencia concedida o día 11 de decembro do mesmo ano.
A curiosa e oculta capela, na actualidade sen uso, construída en estilo historicista, constitúe toda unha boa mostra deste estilo conformando un exemplo, de igual xeito co resto do edificio do bispado, reflexa a forte personalidade do arquitecto que contou ca axuda de celosos canteiros que mesturaron a súa boa técnica co amor polas obras ben feitas.
O acceso ó pequeno recinto relixioso efectúase a traveso dunha sinxela portada decorada cun curioso arco de medio punto sostido por dous pares de columnas lisas con capiteis xeométricos estando o conxunto protexido por unha moldura renacentista ou plateresca, que enmarca o arco. O interior, atópase dividido entre tres naves, sendo máis alta a central cas laterais cuberta cunha teitume interior composta de tres corpos en madeira. As naves correspondentes ó evanxeo maila epístola sepáranse da central mediante grosas columnas cilíndricas rematadas en capiteis que sosteñen arcos de medio punto; por riba descorre un coro corrido aberto protexido por varandas de ferro. O alto presbiterio, carente de retablo na actualidade, cóbrese mediante unhas bóvedas de crucería, recibindo a iluminación mediante alargadas fía de fiestras lisas de tipo gótico desprovistas de policromía, namentres cas naves laterais a reciben a luz mediante unha serie de pequenos fiestras de medio punto.
No exterior a ábsida central recibe o seu apoio mediante contrafortes e arbotantes dando remate á mesma un triangular tímpano perforado por un pequeno oco circular, dando remate ó cumio baixo a protección dunha cruz.
Espero co presente traballo sirva para concienciar á cidadanía ourensá da posibilidade de aproveitar este espazo para convertelo nun posible Museo Diocesano ó igual que ocorre en moitas sés episcopais do resto de España; serviría, por unha parte, para protexer e gardar algunhas das interesantes mostras artísticas relixiosas existentes en moitas das nosas parroquias rurais que, desgraciadamente de modo frecuente sofren espolio, ademais de acrecentar aínda máis se cabe o noso patrimonio artístico de cara á súa promoción turística.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición