IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Rosendo Fernández -en ausencia do presidente Manuel Baltar, quen a esa hora acudía a Expourense para ser vacinado contra o covid-19-, aprobou hoxe a concesión de achegas por un investimento próximo a 1 millón de euros en subvencións a unha vintena de concellos, entidades económicas, sociais e deportivas, dentro dunha orde do día na que tamén figuraba a aprobación das bases do XVIII premio de narración e ilustración Pura e Dora Vázquez.
No ámbito de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou as seguintes achegas: ao Concello de Barbadás, 200.000 euros con destino á rexeneración do firme na avenida de Celanova da Valenzá; ao Concello do Barco de Valdeorras, 115.000 euros para arranxos no campo de fútbol; a Castrelo de Miño, 48.000 euros para a adquisición dunha nave de uso municipal; Castrelo do Val, 48.000 euros para a construción dunha nave de maquinaria municipal; Cortedaga, 15.000 euros para un documental sobre o camiño Miñoto-Ribeiro; Leiro, preto de 92.700 euros para as obras de humanización da rúa Casanova; A Merca, case 34.500 euros para o asfaltado en varios núcleos de poboación; e Montederramo, 12.500 euros para a adquisición de maquinaria municipal.
O Concello de Padrenda recibe tres axudas de 48.000 euros cada unha delas para o acondicionamento da contorna do campo da festa de Monterredondo, a mellora do complexo deportivo de Bandexa e as obras de saneamento en Ferreiros-Os Campos. O Concello de Piñor contará con 12.000 euros para o V Rally Mix; A Rúa disporá de 48.000 euros para a reparación do acceso ao Barranco Rubio; San Cristovo de Cea, 20.000 euros para o plan de dixitalización do concello; Trasmiras, máis de 13.500 euros para un axente de emprego e desenvolvemento local; Vilamarín, 48.000 euros para a mellora da pista de Portamieiro a Rozadas; Xunqueira de Espadanedo 30.000 euros para gastos de funcionamento do Museo Taller de Olería de Niñodaguia; e pouco máis de 186.600 euros ao Concello do Carballiño para a renovación das instalacións do campo de fútbol de Espiñedo.
Aínda no apartado de cooperación, a Asociación Agallas disporá de 15.000 euros para colaborar na xestión da rede provincial de centros de acollida de animais abandonados; Expourense contará con 30.000 euros para o Congreso Ibérico de Turismo Deportivo (Sportur); e a entidade Marmar Outdoor recibirá 60.000 euros para o Raid-Gallaecia, do campionato do mundo de carreira de aventura.
Premios de narración e ilustración
No capítulo cultural, a Xunta de Goberno aprobou as bases do XVIII premio de narración e ilustración Pura e Dora Vázquez, dotado con 1.500 euros en cada unha das dúas modalidades. Polo que respecta á narración, a temática será libre, aínda que adaptada ao público infantil e xuvenil, con textos en lingua galega, inéditos e totalmente orixinais. O prazo de presentación de traballos rematará o 15 de xullo. No referido á modalidade de ilustración, estas terán como referencia a narración premiada, e con este fin o prazo de presentación de orixinais, non menos de dez, aínda rematará o 30 de setembro.
Comisión de seguimento da COVID19
Trala Xuta de Goberno celebrouse a reunión do Comité de seguimento da COVID-19, cuxas convocatorias son agora de carácter quincenal, para actualizar os datos sobre a pandemia na provincia e sobre o teletraballo que se desenvolve nos distintos centros, instalacións e servizos da Deputación de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
ESPIRAL INFLACIONISTA
Ourense, entre las provincias más castigadas por la inflación
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
Lo último
DOS AÑOS AL FRENTE
Rueda reivindica el cumplimiento del 87% del programa electoral de 2024
DETENIDO EL RESPONSABLE
Siete heridos, cuatro de gravedad, tras un atropello múltiple en el centro de Módena, Italia