EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Educación
Hai un ano que aos laboratorios do IES Otero Pedrayo comezaron a chegar ourizos, anémonas, peixes pallaso e corais. Case todo de segunda man, por internet, e grazas ao impulso de profesores de varios departamentos por ofrecerlles aos rapaces unha metodoloxía innnovadora. Un acuario de arrecife tropical relaxa e motiva este curso aos 10 alumnos que estrean o Bacharelato STEMBach–de excelencia–baseado nun programa de acuarioloxía pioneiro. Cando a pandemia pechou o instituto, máis de vinte especies se convertiron nas únicas habitantes das instalacións, grazas ás probas e ao mantemento continuo que permitiron que peixes pallaso e demais familia sobreviviran–e ata se reproduciran–co acuario automatizado.
"Eu viña de vez en cando a comprobar que estaban vivos", bromea o director, Daniel Lorenzo. Juan Luis Neira é o profesor de Bioloxía, pero o proxecto integra moitas máis áreas. "Xeoloxía, Física, Química, Tecnoloxía...", cita, e presume de alumnos "curiosos e traballadores". Están na aula oito deles: Santiago López, Tatiana Ferreira, Raúl Vilas, Julia Cascón, David Fernández, Noa Pulido, Ana Toubes e Carla Troitiña.
"Aínda estamos aterrizando, vendo que imos investigar cada un. Uns cosmética, outros ecoloxía...O coñecemento non ocupa lugar", di Vilas. "Aquí hai moita ciencia e cada vez están máis fóra da súa zona de confort. Fan un zoom sobre distintas áreas e teñen pensamento creativo", engade o profesor. Unha das metas é conseguir automatizar aínda máis o acuario.
Traballan nas propiedades físicas e químicas dos corais, na función de aditivos alimenticios a través de microalgas ou na monitorización de algoritmos. Son algunhas das ideas de proxectos que desenvolverán os alumnos de 1º de Bacharelato STEMBach no IES Otero Pedrayo. A acuarioloxía vai moito máis alá. Parten da motivación de entender un ecosistema mariño dende a aula, controlar os parámetros aptos para manter a auga e conseguir un equilibrio entre as poboacións. Pero para eles tamén é unha forma de "relaxación" e de "dar vida" á clase.
"Require un esforzo físico e mental. O ano pasado foi un ano difícil porque en marzo chegou a pandemia e deixamos de dar moita materia. Temos que recuperala agora, aparte de dar a nova", reflexiona unha das alumnas. "Este programa non será o máis doado, pero é atractivo, mirando ao futuro, anima", engade.
O acuario de arrecife tropical instalado no IES Otero Pedrayo de Ourense naceu grazas ao grupo de traballo interdepartamental constituido no curso 2019-2020, apoiado polo Centro de Formación e Recursos de Ourense. Docentes da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo titorizarán aos rapaces.
"Centralizamos o proxecto no acuario, pero hai unha aplicación que poden ser os estudos ecolóxicos. Ninguén nos impide estudar as augas do Barbaña ou se hai unha especie invasora xaponesa que vai polo Miño", adianta o profesor Neira.
"Estes rapaces teñen moito mérito por unha razón: non teñen outro recoñecemento mais que unha mención no seu expediente, o seu premio é a aprendizaxe. E é un mérito que con 16 anos cheguen a esa conclusión", apunta o director.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo permite acceder al 75% de las viviendas en venta de Ourense
ACOSO LABORAL
El PP reitera que sigue en la oposición en Barbadás