EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
ALCALDE DE O CARBALLIÑO
Francisco Fumega defende que esta era a única solución para reactivar o municipio que goberna e afirma estar confiado en que se solucione o expediente que lle abriu a dirección do partido.
Como foi ese proceso para tomar a decisión de pactar co Partido Popular? Custoulle dar o paso?
Foi unha decisión que non foi fácil de tomar. A min custoume varias noites sen durmir, sinceramente, pero no partido entendíamos que era a única maneira de evitar que nos fixeran unha moción de censura e que chegara outro partido a alcaldía. Ademais, non podíamos seguir neste impase no que O Carballiño non ía a ningún sitio.
Nese momento o PSOE abriulle un expediente, como lle afectou isto?
Eu son unha persoa de esquerdas, que sempre votará ideas progresistas, polo que persoalmente non me fixo moita gracia. O PSOE é un partido garantista, que nos permite facer unha serie de alegacións, e iso fixen, expliqueilles os motivos e as causas que me levaron a tomar esta decisión. Seguimos dentro dese proceso de alegacións e confío en que se analice con rigor as miñas explicacións.
Confía en que queda só nun expediente ou ten temor a unha posible expulsión?
Teño confianza en que esta toda situación teña unha solución. Creo que as miñas alegacións son razoadas e esa confianza danma sobre todo os compañeiros da agrupación local. Esta non foi unha decisión de Paco Fumega, foi unha decisión de consenso con toda a militancia. Non hai que esquecer que na oposición temos un partido que pacta con demo con tal de prexudicar ao PSOE, e este contexto debería pesar na decisión do partido.
Hasta ese momento era o único pacto PP-PSOE desas características que se producira en Galicia, pero recentemente tivemos outro exemplo no concello veciño do Irixo cunha moción de censura.
Era o único con certa entidade, pero houbo tamén pactos en concellos máis pequenos. É verdade que o do Carballiño focalizou a atención porque coincidiu cun momento no que a relación PSOE-PP a nivel nacional era moi tensa. No caso do Irixo, con todo o respecto para os compañeiros, eu non entendín que non se chegara a un acordo dende o principio.
Cal é a súa relación agora mesmo ca dirección do partido en Galicia?
É unha relación correcta e de respecto, a espera de que tomen unha decisión respecto ao meu expediente.
Cree que a cidadanía entendeu o pacto?
Entendo que si. Nunha enquisa que fixemos o 90% da poboación mostraba o seu apoio a este pacto.
Esa situación de bloqueo que mencionaba é similar a que se vive no Concello de Ourense, pero aquí parece imposible chegar a un acordo.
É diferente. Na cidade entran en xogo outras institucións e isto frea posibles acordos que noutro contexto sería posible levar a cabo.
Como está a ser o día a día na goberno do Concello?
Evidentemente hai posturas diferentes, por iso levamos a cabo un labor continuo de diálogo para remar todos na mesma dirección.
Cree que falta capacidade de diálogo na política actual?
A política é a arte do diálogo. Creo que primeiro é necesario separar política e xustiza, porque hoxe en día xa no se sabe sen mandan máis os políticos ou os xuíces. Isto o que fai é afastar a xente válida para política.
Chegou a falar cara á a cara con Besteiro antes ou despois do pacto?
Evidentemente, antes e despois. Deume unha opinión que non vou transmitir, e eu deille a miña. Eu entendo a postura do partido, xa que a nivel nacional existe moita pelexa co PP, e creo que Besteiro entendeu a miña postura e cal é a situación que temos no Carballiño, onde non é casualidade que unha persoa que foi secretario do PSdeG sexa agora a oposición ao partido.
O acordo co PP implica que non acabara o mandato como alcalde, senón como tenente de alcalde, como cree que vai levar o cambio?
Con toda a naturalidade do mundo. Seguiremos traballando ca mesa intensidade ca que traballamos na alcaldía. Dentro de tres anos haberá outra cita electoral e estaremos aí con toda a forza do mundo para dar resposta as necesidades dos veciños do Carballiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último