INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
AGENDA
A ourensá Arancha Nogueira vive no mundo das palabras dende ben cativa. Na súa adolescencia escribía relatos e, pouco a pouco, foi internándose na poesía, ata que os seus pensamentos comezaron a aparecerse en forma de versos.
"O único lugar onde ficar inmóbil" recolle as inquedanzas dunha etapa da súa vida, xusto ao rematar a carreira de xornalismo. "Foi unha etapa dura, de aí a visión negativa do poemario", explica a autora. O libro recolle unha profunda crítica da "sociedade individualista", da falta de empatía e da "opresión" da muller. Porén, os poemas invitan ao lector á loita: "É un lamento que encamiña á acción, a voz poética deixa de lamentarse e prepárase para loitar".
A loita ten un forte carácter feminista, xa que a poeta non se esquece da súa condición de muller: "É un dos temas centrais. A sociedade oprime a certos grupos e, entre eles, ás mulleres. A voz poética reivindica o papel feminino". Ademais, "O único lugar onde ficar inmóbil" tamén reflexiona sobre as perdas, amorosas e emocionais, o amor, ou a maternidade. Nogueira afirma que, dalgún xeito, a elaboración e publicación deste poemario axudouna a exteriorizar as súas "teimas" particulares, a modo de "catarse", e comezar a centrarse "noutras cousas". Agora, mentres presenta o seu libro en diversos puntos da xeografía galega, xa está pensando no futuro. "Estou facendo unha cousiña para unha antoloxía de poetas mulleres e tamén estou probando na literatura infantil", adianta Nogueira.
Música, poesía e sorpresas
A cervexaría Moucho acolle mañá, a partir das 19,00 horas, a presentación do poemario "O único lugar onde ficar inmóbil". No acto falará o editor da obra, así como a poeta ourensá Rochi Nóvoa, unha das poetas que máis admira Nogueira.Tamén haberá oco para a música cun recital que misturará as verbas cos acordes dunha cantautora: "Faime moita ilusión presentar na miña cidade, pero tamén teño un pouco de medo!".n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto