Mostra de homenaxe nos 250 anos do seu pasamento
EXPOSICIóN
A mostra abrangue aspectos importantes da vida e da obra do autor ourensán
O Padre Feijoo. Cidadán libre da República Literaria, é o titulo da mostra que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza para conmemorar o 250 aniversario do pasamento de Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, máis coñecido como "Padre Feijoo". A mostra terá lugar desde finais de setembro ata finais de novembro, na sala da exposicións da Fundación Galicia Obra Social da Praza Maior de Ourense.
A exposición de homenaxe, xira ao redor de destacadas e certamente singulares pezas relacionadas coa súa figura, moitas delas pertencentes aos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, froito da confianza depositada nesta institución polos herdeiros do beneditino, o que xustifica a elección do persoeiro dentro do seu plan de actividades. A estes elementos súmanse outros obxectos documentais e artísticos procedentes doutras institucións e particulares, que axudan a dotar de contido e significado á mostra.
A mostra abrangue aspectos importantes da vida e da obra do autor, con dous eixos temáticos importantes, Feijoo e Ourense, no que ademais dos aspectos biográficos e actos conmemorativos que tiveron lugar na cidade no último cuarto do século XIX, se inclúe tamén un amplo repertorio iconográfico en diferentes técnicas e soportes, froito da admiración e recoñecemento que se lle tributa ao longo dos séculos. No outro, Feijoo e a Ilustración, proxéctase unha visión da súa obra, resaltando os aspectos máis sobresaíntes e innovadores que supuxeron a renovación do pensamento científico e sinalaron o desenvolvemento cultural de España, integrado no marco europeo.
O Padre Feijoo, como persoeiro importante, vería difundida a súa imaxe a través de gravados dos mellores artífices da época incluídos na edición das súas obras, na formulación dunha imaxe estereotipo. Xunto a estes gravados exporanse outros retratos ao óleo, tanto do século XVIII, como outros conservados en diferentes institucións ourensás, que aínda que do século XIX, evidencian a veneración mantida longo tempo despois ao Padre Feijoo, encomendados con destinado a ter un lugar preferente neses lugares. Maella, Vicente Arbiol, Parada Justel ou Gerardo Meléndez son algúns dos autores destes cadros.
Por outra banda, a través das primeiras edicións dos seus libros tentarase abordar particularmente algún dos aspectos mais sobresaíntes da súa obra: medicina, loita contra superstición e os falsos milagres, reclamación contra igualdade entre homes e mulleres, etcétera.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las nuevas generaciones vivirán mejor
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
El destructor Simón-Sánchez