ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
A exposición inaugúrase o martes no Simeón
A mostra As nosas palabras, os nosos mundos chega o vindeiro martes a Ourense avalada polo grande éxito acadado na súa itinerancia por todo o mundo, pois mais de 10.000 persoas visitaron ata o momento esta mostra multimedia que promove o valor das linguas propias no contexto da diversidade lingüística.
A cidade será o último escenario do recorrido da mostra, poñendo o broche de ouro a un proxecto que naceu no marco do Ano Internacional das Linguas e do Ano Europeo do Diálogo Intercultural e que achegou o galego a diferentes puntos xeográficos e sociais.
Nesta exposición, que se estructura en catro bloques temáticos: As orixes, Isto é galego, As nosas palabras, os nosos mundos e A nosa lingua na nosa vida, os visitantes ourensáns poderán analizar as diferentes vertentes do galego, a súa creatividade, a súa relación coa mocidadeou o seu progreso, adaptándose aos novos tempos e o seu futuro.
Ademais, tamén proxectaranse secuencias sobre a historia do cine, publicidade e animación en Galicia, así como videoclips de música de grupos galegos, programas históricos da televisión galega, debuxos animados en galego e programas de radio cunha grande diversidade de contidos culturaias.
A mostra conta, tamén, cun punto de escoita sobre música galega e, asimesmo, cunha versión paralela en liña (www.asnosaspalabras.org), a primeira web galega sobre diversidade lingüística.
Unha viaxe de civilizacións
A primeira parte do percorrido que fai a mostra introduce ó visitante no misterio do nacemento da linguaxe, coas primeiras novas sobre a súa orixe. Así, a través de coreografías de sons, luces, sombras e transparencias descóbrense as diferentes formas da comunicación humana. A viaxe desemboca na árbore das linguas, que axuda a entender a evolución histórica e a diversidade dos idiomas, xa que do seu tronco saen as 20 pólas que representan as familias lingüísticas do mundo.
No módulo denominado Isto é galego prodúcese a descuberta dos datos básicos da lingua galega. Trátase dunha viaxe suxestiva pola historia do galego dende a Idade Media ata os nosos días, a través de personaxes e acontecementos sociais, culturais e políticos significativos.
O módulo que da título á exposición pon en valor a diversidade lingüística do planeta, o valor do plurilingüismo, a riqueza da multiculturalidade. É unha aposta pola sustentabilidade lingüística a través dun xogo de escoita que permite coñecer o son de múltiples linguas de orixe diversa. Por último, A nosa lingua na nosa vida é unha ollada ao galego como lingua de creación nunha sociedade produtiva. Aquí amósanse exemplos de recursos da lingua galega nos distintos ámbitos da sociedade.
O percorrido da mostra remata en Ourense
A exposición, que será inaugurada o vindeiro martes, día 7, ás 13.00 horas no Centro Cultural da Deputación, contará coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; e do conselleiro de Cultura, Roberto Varela. A mostra xa visitou cidades como Santiago de Compostela, Vigo, Bruxelas, Bilbao, Madrid, Sevilla, A Coruña, Vilagarcía, Lugo e Bos Aires.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
FESTA DO PAN DE CEA
Cea presume de tradición en la gran fiesta que exalta su pan
TEMPERATURA ELEVADA
Galería | El calor domina la Festa da Empanada de forquelhas de Entrimo
PASEO LITERARIO
Piñor rescata los veranos de Carmen Martín Gaite
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio
PASO A PASO
Sarpullido por calor: qué es y cómo aliviarlo